O Colexio de Arquitectos inaugura unha exposición de esculturas en pizarra que evocan a natureza galega, da man do seu creador Javier Aguilera

AguileraA mostra está composta por 28 esculturas de pequeno formato

A inauguración será esta tarde, ás 20:00 horas, na Casa da Conga


O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) inagura esta tarde, ás 20:00 horas na Casa da Conga, a exposición Ex umbra in solem, do escultor ferrolano Javier Aguilera.
A mostra está composta por 28 pezas de pequeno formato, realizadas en pizarra. Segundo o escultor, a composición expositiva está formada a base de obras, cunha combinación de materia e xeometría, que pretenden “explorar a emoción que supón aproximarse ao misterio que subxace no natural e, desde as sombras, achegalo á luz da razón” –indica Aguilera.

O título da exposición, Ex umbra in solem, supón unha invitación a compartir co autor ese atisbo de luz inaccesible que determina a creación artística como “unha busca sen fin pero moi agradable”.

Javier Aguilera (Ferrol, 1970)


De formación economista, xa durante os seus estudos en España compaxinou estes co seu interese pola creación artística. A estas inquietudes iniciais contribúen a darlle forma o seu paso pola Universidade de Duke (Carolina do Norte, EEUU) onde, de acordo co espírito multidisciplinar das universidades americanas prosegue a súa labor creativa. Contou cunha bagaxe previa, a base dun detallado estudo das vanguardas españolas do século XX e unha especial curiosidade polos materiais que dan carácter a terras galegas. A madeira, o granito e a pizarra determinan a expresión da súa obra e son o sustento que a animan.

A exposición permanecerá aberta na Casa da Conga desde mañá ata o próximo 15 de abril, en horario de 11:30 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas de luns a xoves.