A Cámara de Comercio de Santiago ensinará ás empresas a facer a súa declaración da renda

rentaEste curso comezará a impartirse o próximo luns en horario de 20-22:00 horas

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza para o próximo luns, 23 de maio, un curso sobre o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).
O obxeto do curso, que se estenderá ata o 31 de maio en horario de 20:00 a 22:00 horas, é que os alumnos alcancen uns coñecementos básicos para ter un control a fondo do IRPF, especialmente indicado para profesionais e empresarios que estén dados de alta como autónomos. O curso, eminentemente práctico, centrarase en  realizar supostos e exemplos da declaración da renda mediante o programa Padre.

Curso de morosidade

Por outra parte, a Cámara de Comercio de Santiago oferta dentro da súa programación formativa no primeiro semestre do ano unha xornada gratuíta para tratar os aspectos prácticos da nova Lei de Morosidade. Xestión de impagados. Esta acción informativa impartirase o martes 24 de maio, en horario de 20-22:00 horas nas instalacións camerais.