Os centros tecnolóxicos Aimen, Energilab e Gradiant presentarán as súas liñas de investigación e servizos a empresas de Santiago

tecnologicoFalarán sobre eficiencia enerxética, tecnoloxías da información e das comunicacións e innovación ambiental

Esta xornada da Feira do Coñecemento celebrarase o mércores-22 de maio na Cámara de Comercio de Santiago

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza o próximo 22 de maio un encontro empresarial gratuíto entre empresas da cidade e da comarca e tres centros tecnolóxicos sobre “Que poden aportar os centros comerciais tecnolóxicos a miña empresa?”, incluído dentro do programa Feira do Coñecemento. A conferencia, que comezará ás 10:30 horas no salón de actos cameral, estará dirixida polo delegado comercial Zona Norte da Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (AIMEN), Ignacio Couñago; o director comercial de Energilab, Pedro Gómez; e o director comercial de Gradiant, Miguel Regueiro.

Ler máis: Os centros tecnolóxicos Aimen, Energilab e Gradiant presentarán as súas liñas de investigación e...

El Colexio de Podólogos de Galicia aconseja visitar a un profesional para revisar los pies antes de hacer el Camino de Santiago para evitar lesiones y diversas patologías dolorosas

Alfonso_AlonsoAlfonso Alonso, presidente del colegio gallego:

“Es importante saber que no se deben manipular las lesiones con cuchillas o callicidas”

El inicio de la primavera provoca el aumento de los peregrinos por las rutas jacobeas del Camino de Santiago, animados por el buen tiempo y el cese de las continuas lluvias. Además de los peregrinos que caminan hacia Santiago de Compostela, son muchas las personas que aprovechan el tiempo de ocio para realizar rutas de senderismo y actividades en entornos naturales.

Ler máis: El Colexio de Podólogos de Galicia aconseja visitar a un profesional para revisar los pies antes...

O tratamento integral nos balnearios logra reducir a inxesta de medicamentos nas persoas maiores

hidro_webUnha cura termal de entre 10 e 15 días consigue unha melloría física que perdura entre os 3 e 6 meses seguintes

No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o balneario de Arnoia acolle mañá sábado unha sesión sobre a atención a persoas maiores nos balnearios. A coordinadora é Dolores Fernández Marcos, directora médico de Caldaria Termal, que aglutina os balnearios ourensáns de Arnoia, Laias (no concello de Cenlle) e Lobios.

Ler máis: O tratamento integral nos balnearios logra reducir a inxesta de medicamentos nas persoas maiores

A inxestión de auga mineiromedicinal durante un tempo, a un ritmo e nunhas cantidades precisas, ten efectos terapeúticos sobre o aparato dixestivo

caldelas_tui_webA pesar de non ser moi habitual, boa parte dos balnearios galegos posúen augas indicadas para a bebida

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia celebra esta tarde, no edificio docente Roberto Novoa Santos da USC, unha nova sesión dirixida a futuros facultativos. O doutor Elías Festa Cayuela, director médico do balneario de Caldelas de Tui, dará a coñecer as principais técnicas de aplicación das augas mineiromedicinais, en particular as que máis se empregan nos establecementos termais galegos.

A CEG presenta unha guía destinada a detectar e previr os riscos psicosociais nas empresas galegas

riesgos_psicosocialesPoden manifestarse cun maior absentismo laboral, a aparición de conflitos de carácter disciplinario ou a diminución do rendemento

Trátase de evitar nos traballadores alteracións como o estrés laboral, a síndrome do burnout e o acoso ou mobbing

A Confederación de Empresarios de Galicia presentou esta tarde unha “Guía sobre Prevención de Riscos Laborais Psicosociais”, destinada a orientar ás empresas galegas na xestión dos problemas de índole psicosocial que poden afectar aos seus traballadores. Foi no marco dunha xornada centrada na avaliación deste tipo de riscos, que tivo lugar na sede da CEG, promovida en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar.