A Concellaría de Xuventude inaugura esta tarde unha exposición fotográfica cos mellores momentos dos concertos do MúsicaXove 2009
- Detalles
- Categoría: Xuventude Concello Santiago
- Published: Mércores, 10 Febreiro 2010 00:00
- Visitas: 872
O concelleiro de Xuventude de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, inaugura esta tarde ás 20:00 horas no Centro Sociocultural e Xuvenil municipal O Ensanche a exposción fotográfica do 2º Certame MúsicaXove’09. O acto contará coa presenza do autor das imaxes, o fotógrafo Andrés Fraga.
O certame, convocado polo Departamento de Xuventude, creouse co obxectico de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical dos xoves. O concurso ten como destinatarios aos artistas emerxentes que manteñen a súa actividade en Galicia, e acolle en cada edición unha exposición que mostra a creatividade musical daqueles grupos que participaron no concurso e chegaron á selección final, dando a coñecer diferentes propostas musicais nas modalidades de: