A rehabilitación do patrimonio construído será o ámbito de traballo dos novos arquitectos

Presentacin_PATORREB_na_ETSACAsí se puxo de relevo esta mañá na Escola Superior de Arquitectura de  A Coruña durante a presentación dun congreso sobre restauración que se celebrará en abril en Santiago

García Braña:

“España solo dedica el 24 por ciento a rehabilitación de edificios”

Jorge Duarte:

“Debemos ser os profesionais mellor formados”

Angel Panero:

“Este sector ofrece empleo de calidad”

O Colexio de Arquitectos de Galicia presentou esta mañá aos alumnos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (ETSAC) o 4º Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (PATORREB 2012), que se celebrará entre os días 12 e 14 de abril no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. Acompañados polo subdirector da Escola universitaria, José Vázquez, asistiron o director do congreso, Celestino García Braña, o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, e o arquitecto do Consorcio de Santiago, Ángel Panero.

 

García Braña sinalou que a rehabilitación dos edificios xogou un papel secundario a favor dunha “orientación suicida” que canalizou os investimentos en obra nova: “Nos hemos desviado de nuestro hábitat natural, ya que en la gran mayoría de los casos vivimos en casas rehabilitadas”. E dixo que Santiago era un exemplo perfecto, en tanto que forma “a súa perenne trama urbana sobre o s. XV, revitalizándose continuamente”. Enfatizou o seu discurso cando lles dixo aos estudantes que o futuro dos novos arquitectos está na rehabilitación, a paisaxe, o territorio e o asesoramento, “porque el trabajo en obra nueva se acabó”, sentenciou. E engadiu que a dimensión económica do sector á hora de construír sobre o construído é grande, indicando que mentres Dinamarca e Alemaña destinan o 80 e o 60 por cento respectivamente do total de investimento en construción, España só dedica o 24 por cento.

 

Jorge Duarte abondou nesta idea da necesidade de reorientar o exercicio profesional, teimando na importancia da formación especializada e o coñecemento das novas técnicas construtivas ao servizo do arquitecto: “Por esta razón apostamos por un congreso como PATORREB, para demostrarlle á sociedade que imos estar á altura das circunstancias, porque debemos ser os profesionais mellor formados”. O decano colexial concluíu que cómpre abrir novas vías de traballo cara ás Administracións e aos particulares.

Finalmente, Ángel Panero pronunciou unha conferencia sobre a rehabilitación que se acaba de facer, na compostelá praza de Platerías, da Casa do Cabido. O arquitecto do Consorcio de Santiago debullou algunhas reflexións xerais como cando afirmou que “no hablemos de rehabilitación y empecemos a hablar de habitabilidad, y de la energía precisa para garantizarla, incluyendo la que se usa en los propios procesos constructivos”. Declarou que a conservación do patrimonio é compatible coa irrenunciable mellora da habitabilidade, e apostou por unha tecnoloxía coherente e intelixente. Malia as dificultades dos tempos, Panero amosouse optimista en canto á profesión: “En el ámbito de la rehabilitación y mantenimiento de edificios hay potencial económico y empleo de calidad, porque este sector traslada directamente la inversión al salario de los profesionales”.

PATORREB é un congreso internacional que está organizado conxuntamente polo Colexio de Arquitectos de Galicia, a Consellería de Infraestruturas, Territorio e Medio Ambiente da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela, a Facultade de Enxeñería da Universidade de Porto, a Universidade Politécnica de Cataluña e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.