O Colexio de Arquitectos de Galicia asina un acordo con BREEAM, a certificación líder mundial en edificación sostible

BreeamA institución convértese nun novo axente de formación do selo en España que lle capacita para impartir os cursos formativos de “Asesor BREEAM”

O primeiro curso de formación celebrarase en Santiago os próximos 9, 10 e 11 de maio


O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asinou un convenio de colaboración con BREEAM ES, a certificación líder mundial en edificación sostible, para converterse en “Axente de formación BREEAM”, capacidade que lle permite desenvolver actividades formativas e de capacitación técnica nas distintas metodoloxías e ferramentas do selo de sostibilidade, entre elas impartir a formación para o futuro Asesor BREEAM.
Froito deste convenio, o COAG organiza xa o primeiro “Curso de formación de Asesores BREEAM” (http://www.coag.es/formacion), que se celebrará en Santiago de Compostela os próximos días 9, 10 e 11 de maio. O obxecto é a capacitación e acreditación de Asesores “BREEAM ES” para avaliar a sostibilidade dunha edificación destinada a uso comercial, industrial e oficinas.

O curso está dirixido a arquitectos, enxeñeiros, arquitectos técnicos, aparelladores, enxeñeiros técnicos e persoal de consultorías especializadas en sostibilidade con experiencia en edificación, interesados no deseño ou a especificación de edificios de baixo impacto ambiental, avaliacións ambientais con BREEAM e desde un punto de vista máis xeral, na construción sostible.

O Asesor BREEAM é un técnico independente e recoñecido polo selo para realizar procesos de consultoría e auditoría desde a fase de proxecto ata a de execución e posterior mantemento segundo o método BREEAM.

Con este tipo de acordos, BREEAM fortalécese en España cunha rede importante de axentes de formación co fin de dar resposta ás novas demandas do sector en materia de construción sostible, eficiencia enerxética e aforro de custos.