• Ir ao contido
  • Ir á navegación principal e á identificación

Ver busca navegación

Navegación

Buscar

Vostede está aquí: Home

Buscar

NOTAS DE PRENSA

  • Colexio Arquitectos Galicia
  • Arquitectos de Santiago
  • Balnearios de Galicia
  • Colexio Biólogos Galicia
  • Colexio Psicoloxía Galicia
  • Colexio Ópticos Galicia
  • Colexio de Podólogos
  • CEG
  • CEC
  • Cámara Comercio Santiago
  • Renfe Noroeste
  • Rede PLIR
  • CITT-USC
  • Festas Concello Santiago
  • Xuventude Concello Santiago
  • Museo Casa da Troia
  • CSSC_Julio Tojo
  • Consorcio de Santiago
  • Balneario de Cuntis
  • Araguaney
  • Outros
  • Inicio

Login Form

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

Inicio

Unhas 7.000 persoas levan visitado a exposición de fotos de Ramón Sánchez Estalote, que se reparte entre a Casa do Cabido e o Museo do Pobo Galego

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Categoría: Consorcio de Santiago
Published: Xoves, 30 Xullo 2015 10:46
Escrito por Eva
Visitas: 364

A mostra poderá visitarse ata setembro no Museo do Pobo Galego e ata novembro na Casa do Cabido

Baixo o título “Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo”, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes do fotógrafo compostelán. A mostra repártese entre a Casa do Cabido (na Praza das Praterías) e o Museo do Pobo Galego. Dende a súa inauguración, o 7 de xullo, visitaron ambas exposicións ao redor de 7.000 persoas.

Ler máis: Unhas 7.000 persoas levan visitado a exposición de fotos de Ramón Sánchez Estalote, que se reparte...

Unha publicación coeditada polo Consorcio de Santiago e a editorial Alvarellos reúne a correspondencia que o pintor Carlos Maside mantivo entre 1928 e 1958 con intelectuais da época como Luís Seoane, Castelao, Federico García Lorca, Isaac Díaz Pardo ou La

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Categoría: Consorcio de Santiago
Published: Mércores, 29 Xullo 2015 10:41
Escrito por Eva
Visitas: 378

Son un total de 179 cartas, na súa maioría inéditas, marcadas pola Guerra Civil española e a longa ditadura posterior

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presenta o libro esta tarde na Fundación Torrente Ballester, ás 19:00 horas 

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar “Correspondencia (1928-1958). Cartas inéditas e dispersas. Carlos Maside”. Esta tarde, ás 19:00 horas, preséntase na Fundación Gonzalo Torrente Ballester. Asistirá o alcalde da cidade, Martiño Noriega; a catedrática de Historia Mª Esther Rodríguez, que reuniu e transcribiu toda a correspondencia que se recolle na publicación; o catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío, coordinador da edición; xunto coa xerente do Consorcio, Belén Hernández; e o director da editorial Alvarellos, Henrique Alvarellos.

Ler máis: Unha publicación coeditada polo Consorcio de Santiago e a editorial Alvarellos reúne a...

A Academia Galega de Belas Artes e a Xunta de Galicia únense na defensa do patrimonio moderno galego

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Categoría: Outros
Published: Martes, 28 Xullo 2015 07:40
Escrito por Eva
Visitas: 368

Trece edificios das catro provincias, incluídos no  Plan Nacional de Conservación del Patrimonio Cultural del Siglo XX, reciben catalogación e protección autonómica

        Celestino García Braña, vicepresidente da Academia:

“O verdadeiro logro alcanzarase cando o recoñecemento chegue á totalidade dos bos edificios ligados á nosa modernidade”

A Academia Galega de Belas Artes celebrou hoxe un acto para presentar a “Selección de trece edificios galegos vinculados ao Movemento Moderno en Galicia para a súa consideración patrimonial”, presidido polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o presidente da Academia, Manuel Quintana Martelo, e o vicepresidente da Academia e presidente da Fundación DoCoMoMo Ibérico (Documentación e Conservación da Arquitectura e o Urbanismo do Movemento Moderno), o arquitecto Celestino García Braña.

Ler máis: A Academia Galega de Belas Artes e a Xunta de Galicia únense na defensa do patrimonio moderno galego

A Cámara de Santiago executará un programa de innovación para empresas industriais e outro de e-Administración na demarcación de Lugo

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Categoría: Cámara Comercio Santiago
Published: Luns, 27 Xullo 2015 10:43
Escrito por Eva
Visitas: 369

As entidades de Santiago e Coruña asinaron un concerto intercameral para desenvolver estas actuacións ante a imposibilidade da Cámara lucense

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela executará os programas de innovación LeanCámaras e e-Administración para que as pemes, micropemes e autónomos da demarcación de Lugo poidan beneficiarse da incorporación das TICs. Ante a imposibilidade da entidade lucense de aportar os recursos materiais e humanos necesarios para realizar as actuacións destes programas, as Cámaras de Santiago e A Coruña estableceron un concerto intercameral para regular os termos de colaboración e así desenvolver os programas TIC Cámaras, InnoCámaras, Lean Cámaras e e-Administración.

Ler máis: A Cámara de Santiago executará un programa de innovación para empresas industriais e outro de...

A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto no marco das festas do Apóstolo, na Praza da Quintana, este venres ás 21:00 horas

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Categoría: Consorcio de Santiago
Published: Luns, 27 Xullo 2015 10:31
Escrito por Eva
Visitas: 341

Tocará, entre outras obras, fragmentos do Crebanoces de Chaikovski e a obertura de As alegres comadres de Windsor de Otto Nicolai

O concerto, dirixido polo galego Diego García Rodríguez, é gratuíto previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo, conmemorativas do Día de Galicia. A compostelá Praza da Quintana acollerá este venres, 31 de xullo, un concerto dirixido polo mestre galego Diego García Rodríguez, ás 21:00 horas. A entrada é gratuíta, previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal. A actuación cancelarase en caso de choiva.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto no marco das festas do Apóstolo, na Praza da...

Páxina 17 de 425

  • Comezo
  • Prev
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • Seguinte
  • Fin