• Ir ao contido
  • Ir á navegación principal e á identificación

Ver busca navegación

Navegación

Buscar

Vostede está aquí: Home

Buscar

NOTAS DE PRENSA

  • Colexio Arquitectos Galicia
  • Arquitectos de Santiago
  • Balnearios de Galicia
  • Colexio Biólogos Galicia
  • Colexio Psicoloxía Galicia
  • Colexio Ópticos Galicia
  • Colexio de Podólogos
  • CEG
  • CEC
  • Cámara Comercio Santiago
  • Renfe Noroeste
  • Rede PLIR
  • CITT-USC
  • Festas Concello Santiago
  • Xuventude Concello Santiago
  • Museo Casa da Troia
  • CSSC_Julio Tojo
  • Consorcio de Santiago
  • Balneario de Cuntis
  • Araguaney
  • Outros
  • Inicio

Login Form

  • Esqueceu súa clave?
  • Esqueceu seu nome de usuario?

Inicio

A Real Filharmonía de Galicia participa en “Música en Compostela” cun novo concerto, mañá venres, ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Categoría: Consorcio de Santiago
Published: Xoves, 06 Agosto 2015 10:23
Escrito por Eva
Visitas: 389

Levará a batuta Maximino Zumalave e contarase coa colaboración do violista de Sri Lanka Ashan Pillai

Entre outras obras, os músicos interpretarán El amor brujo de Manuel de Falla

No marco da 58º edición do Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela”, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto mañá venres. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. Ademais, contarase coa colaboración do violista nacido en Sri Lanka e de nacionalidade británica Ashan Pillai.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia participa en “Música en Compostela” cun novo concerto, mañá venres,...

A Real Filharmonía de Galicia participa en “Música en Compostela” con dous concertos dedicados á música española dirixidos por Maximino Zumalave

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Categoría: Consorcio de Santiago
Published: Luns, 03 Agosto 2015 12:03
Escrito por Eva
Visitas: 363

O primeiro celebrarase este mércores día 5 e o segundo o venres 7, ambos ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia 

A actuación do mércores centrarase en obras de tres compositores galegos: Rogelio Groba, Octavio Vázquez e Xavier de Paz  

A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 58º edición do  Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela” con dous concertos. O primeiro celebrarase este mércores, 5 de agosto, e o segundo o venres día 7. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia participa en “Música en Compostela” con dous concertos dedicados á...

A Cámara de Santiago programa vinte e nove cursos e xornadas para o segundo semestre

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Categoría: Cámara Santiago
Published: Luns, 03 Agosto 2015 12:01
Escrito por Eva
Visitas: 675

Celebraranse eventos informativos sobre o mercado de Perú, Cuba e Puerto Rico e tres cursos intensivos de inglés, francés e almán no Instituto Cameral de Idiomas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela presenta unha adianto da programación formativa para o segundo semestre deste ano. Un total de vinte e nove actividades, entre xornadas, seminarios e cursos, conforman a programación para os próximos meses, que comezará a impartirse a finais de setembro. A entidade empresarial ofrece significativos descontos, un 20 por cento aos asociados á Cámara e un 10 por cento a aqueles que fagan a matrícula cun mínimo de dez días de antelación á celebración do curso.

Ler máis: A Cámara de Santiago programa vinte e nove cursos e xornadas para o segundo semestre

O Consorcio de Santiago licita a intervención nas revocaduras, nas cubertas e no patio de acceso á igrexa do convento de Santa Clara

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Categoría: Consorcio de Santiago
Published: Luns, 03 Agosto 2015 11:58
Escrito por Eva
Visitas: 408

As empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o 24 de agosto

O Consorcio de Santiago licita a intervención nas revocaduras, nas cubertas e no patio de acceso á igrexa do convento de Santa Clara co fin de eliminar as humidades. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 24 de agosto. O importe global das obras, cun prazo de execución estimado de seis meses, ascende aos 127.317,17 euros.

Ler máis: O Consorcio de Santiago licita a intervención nas revocaduras, nas cubertas e no patio de acceso á...

O Consorcio de Santiago adxudica o remate das obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación da Península Ibérica, situado en Compostela

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Categoría: Consorcio de Santiago
Published: Xoves, 30 Xullo 2015 10:53
Escrito por Eva
Visitas: 363

A intervención, que ascende a 1.008.644,89 euros, permitirá que o centro estea plenamente operativo durante 2016

Favorecerá a creación de empresas especializadas e a xeración de emprego cualificado e estable

O Consorcio de Santiago adxudicou o remate das obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. A empresa TRYCSA, Técnicas para la Restauración y Construcciones, S.A. encargarase da intervención, cun orzamento de 1.008.644,89 euros.

Ler máis: O Consorcio de Santiago adxudica o remate das obras do primeiro Centro Nacional de Formación de...

Páxina 16 de 425

  • Comezo
  • Prev
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • Seguinte
  • Fin