Xuventude busca novos talentos musicais coa terceira edición do MúsicaXove’10
- Detalles
- Categoría: Xuventude Concello Santiago
- Published: Xoves, 11 Febreiro 2010 00:00
- Visitas: 832
O concelleiro de Xuventude do Concello de Santiago, Xosé Baqueiro, presentou hoxe a convocatoria do 3º Certame MÚSICAXOVE´10 que dará a posibilidade de canalizar a creatividade musical das novas promesas musicais de Santiago e do resto de Galicia. Nesta edición, que se celebrará previsiblemente entre abril e maio, participarán grupos da Rede Galega de Locais de Ensaio (da Dirección Xeral de Xuventude) e bandas de diferentes puntos de Galicia.
Os participantes competirán por ser os mellores na súa categoría musical: nesta edición en pop-rock e heavy-metal, xa que o hip hop vaise reservar para un concurso nas Festas da Ascensión, e a modalidade folk queda cuberta co prestixioso Certame Folk Radio Obradoiro, que este ano alcanza a súa undécima edición. “Organizamos este concurso para promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical dos xoves que teñen unha gran confianza no seu talento musical e apostan forte por convertirse en grandes artistas” –indicou Baqueiro.
Ler máis: Xuventude busca novos talentos musicais coa terceira edición do MúsicaXove’10