O grupo compostelán Glasgow gaña o concurso MúsicaXove na categoría de pop

GlasgowOs primeiros clasificados do certame gravarán un disco recopilatorio cos temas interpretados na Capitol

Na noite do venres a Sala Capitol acolleu a celebración da cuarta edición do Certame MúsicaXove’11, un concurso musial organizado pola Concellaría de Xuventude e Festas do Concello de Santiago.  Tras a interpretación dos seis grupos a concurso, e a conseguinte deliberación do xurado, comunicouse a decisión a todo o público da sala e aos participantes.
O resultado foi o seguinte: na categoría de pop-rock resultou gañadora a banda de Santiago Glasgow, e no segundo posto situouse outro grupo compostelán, Velcro; en metal, a victoria foi para o grupo The Venus’ Garden, de Vigo, e como segundo clasificado Kertuler (Noia); e na modalidade doutras músicas, o primeiro premio foi para De Buena Tinta, de Pontevedra, e en segundo lugar Pro-Visional (Santiago).

Os gañadores de cada modalidade recibiron un premio de 1.500 euros e os segundos clasificados conseguiron 800 euros. Ademais, este ano como novidade o público premiou o talento destas bandas enriba do escenario, con dos Premios Especias valorados en 250 euros para modalidades diferentes, que recaeron en Glasgow e Kertuler.

Estes grupos, ademais de tocar nun local tan recoñecido en toda Galicia e a nivel estatal como é a Sala Capitol, competían por gañar este certame e así gravar un CD conxunto co resto de modalidades musicais a concurso.

Gañadores do Certame MúsicaXove’11

POP-ROCK

► Glasgow (www.facebook.com/somosglasgow). Santiago
Formados a mediados de 2010 en Santiago de Compostela, Glasgow supón unha clara aposta por letras en castelán acompañadas de ritmos e melodías de corte power-pop. A súa formación de batería, baixo, piano e guitarra eléctrica dan como resultado un son que ademais de aportar frescura, recoñece estar influenciado por grupos como Arcade Fire, Coldplay, Quique González ou Pereza. O seu estilo caracterízase por sons rotundos, melodías electrizantes, letras traballadas e moita frescura. A principios de 2011 e con só uns meses de vida, Glasgow conta cun repertorio consolidado de cancións propias, das que tres xa se poden escoitar en diversas redes sociais, como son Tormenta de verano, Tu canción e Buscavidas.

Compoñentes da banda:
•    Jacobo García - baixo
•    Álex Penedo - voz, teclado
•    Borja Cutrín - batería, percusión
•    Arturo Nicolás - voz, guitarra, ventos

METAL

► The Venus’ Garden (www.thevenusgarden.com).  Vigo
The Venus’ Garden realiza un rock e metal progresivo. Comenza a súa andaina en Vigo en 2003. Os integrantes da banda nos seus comenzos, Mario Manso (batería), David Monteiro (guitarra) y Luís P. Roca (voz), deciden formar un grupo con cabida para outras inquietudes musicais. A fusión de rock e metal progresivo define as ideas musicais que os compoñentes da banda desenvolveron nun primeiro momento.

Os primeiros anos estiveron marcados pola busca dunha formación estable e a participación en diferentes concertos e festivais organizados pola Concellaría de Xuventude de Vigo. En 2007, coa incorporación de Ismael Sánchez (guitarra) arrinca unha nova etapa de composición e gravación de temas. Máis tarde incorpórase Oskar Galende aos teclados e, recentemente, Ismael Couñago ao baixo, completando la formación. Actualmente, traballan noutros estilos como a fusión ou un metal máis técnico e extremo. En definitiva, The Venus' Garden é unha banda caracterizada pola súa forza e calidade vocal, pola música libre e cambiante, capaz de seducir a calquera tipo de oído.

OUTRAS MÚSICAS

► De Buena Tinta (http://www.myspace.com/debuenatinta). Pontevedra
En febreiro de 2009 crean esta formación. Despois dun tempo de esforzo e dedicación conseguiuse crear unha grupo con personalidade e estilo único. Así comezaron os concertos, cun preparado e potente directo. Uns meses máis tarde De Buena Tinta conta coa colaboración  nos concertos de Davbeat, un beatboxer de Pontevedra, aumentando o show en gran medida.

Manteñen nos seus concertos un estilo ameno e o contaxio do bo ambiente enriba do escenario. É un rap para todas as idades. O 22 de decembre de 2010 e tras case dous anos percorrendo gran parte da xeografía galega, De Buena Tinta sacou á luz o seu primeiro traballo a modo de promo titulado "Quién llegó?". Esta carta de presentación está composta de sete cortes onde todos os integrantes dan o mellor de si mesmos, reflectindo as súas experiencias musicais e persoais, e ofrecendo así un variado contenido de líricas, ritmos, flows y emociones. Un trabajo que refleja sus vivencias tanto en este amplio mundo de la música, como a nivel personal, social y cultural.

Compoñentes do grupo:
•    Risk (mc)
•    Vasp (mc)
•    Davbeat (beatboxer & corista)
•    Dj Daso (dj)