Xuventude inicia maña a programación do Club de Rol do Ensanche para o primeiro semestre do ano

A Concellaría de Xuventude inaugura mañá sábado, 20 de febreiro, a programación do Club de Rol para os vindeiros seis meses do ano (febreiro – xullo). Celebraranse un total de oito xornadas, os sábados en horario de mañá e tarde no Centro Sociocultural e Xuvenil municipal O Ensanche. A primeira delas, o Torneo Warhammer 40.000, comezará mañá ás 11:00 horas no centro.

O Club de Rol do Ensanche créase como resultado da colaboración co colectivo Zónulacatro (http://zonulacatro.blogspot.com) para dispoñer dun espazo de encontro e para a realización dun conxunto de actividades que teñen como obxectivo a promoción e a difusión dos xogos de rol. Desde a súa posta en marcha desenvolvéronse xornadas de rol, talleres de pintado de miniaturas, de elaboración de escenografías, torneos, xornadas informativas para nais e pais ou exhibicións.