A empresa Intermax dota de conexión a Internet ao campionato galego de surf, que se celebrará en Valdoviño a partir do 13 de setembro

PANTIN_2011Os asistentes poderán acceder a Internet de banda larga e telefonía IP grazas á tecnoloxía Wimax

A empresa galega de telecomunicacións Intermax Technology encargarase este ano de aportar os servizos de telecomunicacións do Cabreiroá Pantín Classic Pro, que se celebrará entre o 13 e o 18 de setembro en Valdoviño (Ferrol).
A tarefa desta firma, colaboradora do evento deportivo, será esencialmente a de prestar e coordinar a comunicación de voz e datos para a organización e os asistentes. Desta maneira, a compañía galega reemplaza á multinacional que nos últimos anos viña aportando este servizo.

Como funcionará o sistema de comunicacións?


Intermax poñerá a disposición a súa rede de tecnoloxía Wimax existente no Concello de Valdoviño. Segundo comenta o director xeral, Javier Mouriño a rede despregada para o campionato contará con dous radioenlaces, un principal e outro redundante, que poden ofrecer 200 Megas reais simétricos. “A praia estará conectada coa torre de Monte Faro –punto principal da rede de Intermax en Valdoviño. Desde aí a información transmitirase a través doutro radioenlance cara Ares, onde a comunicación sairá por fibra óptica a Internet; en definitiva Pantín estará conectado con todo o mundo durante a semana do campionato” –explicou Mouriño.

O dispositivo estará en todo momento controlado por técnicos e enxeñeiros de Intermax. Tanto a organización como os medios de comunicación poderán acceder a Internet de banda larga e telefonía IP. Ademais, as televisións poderán enviar as súas imaxes en alta definición e o evento transmitirase vía streaming a través da web www.pantinclassic.com.

Os asistentes tamén terán acceso a wifi. Intermax instalará catro puntos de rede sen fíos para que calquera poida subir datos á rede a través dos seus portátiles ou smartphones.

O Cabreiroá Pantín Classic contará este ano con triales os días previos á proba, o 10 e 11 de setembro. O evento é un dos festivais de surf máis importantes de Europa. Conta co apoio de patrocinadores como Cabreiroá, Hospital Moncloa, Estrella Galicia, Red Bull, Xunta de Galicia, Turgalicia e os Concellos de Ferrol, Valdoviño e Cedeira.