Un estudo realizado por expertos en telecomunicacións compara as diferentes tecnoloxías de acceso á banda larga no rural galego

Tecnoloxa_802.11_acO sistema máis idóneo, rápido e eficaz é o estándar 802.11 N, empregado pola empresa galega Intermax Technology

Na liña de axudas da Secretaría Xeral de Modernización e Inovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, que pretende estender a banda larga  de Internet a todos os galegos, compiten principalmente dúas empresas con dúas solucións tecnolóxicas totalmente diferentes: a galega Intermax Technology e a multinacional Telefónica.
O informe, realizado polo enxeñeiro en telecomunicacións da empresa Electrotelecom, Miguel Ángel Salgado Varela, demostra que a empresa galega Intermax emprega a tecnoloxía idónea para achegarse ao rural e conseguir con éxito a cobertura desexada, todo avaliado polos bos resultados acadados en proxectos anteriores.

O enxeñeiro Salgado Varela conta con experiencia no despregamento e avalición de tecnoloxías idóneas para o acceso a banda larga no rural galego,  asesorando a moitas administracións públicas e empresas privadas sobre a elección da tecnoloxía. Ademais, este informe está avaliado por un grupo de investigación da Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo que dirixe o enxeñeiro Fernando Fontán.

O informe indica que o estándar 802.11 N é a tecnoloxía máis económica, que permite un despregamento máis rápido e eficaz, ademais de ofrecer mellores prestacións. Esta é a tecnoloxía utilizada por Intermax, o sistema máis evolucionado para as transmisións de datos que posibilita accesos teóricos de 300 Megas e accesos reais de 200 Megas.

Para mediados de 2012 xa estarán dispoñibles equipos cun sistema para 1.000 Megas dunha nova evolución do estándar 802.11 N, denominada 802.11 ac, totalmente compatible coa anterior que promete velocidades superiores a 1.000 Megas e mesmo de ata 6.000.