Intermax, Blusens e Opergal presentan a televisión do futuro a través do sistema IpTV

Na_visita_s_instalacin_de_Blusens•    As zonas do rural gozarán dos máis avanzados servizos de telecomunicacións e televisión, cunha solución 100% galega de referencia mundial

•    Empregarase a mellor tecnoloxía en redes sen fíos para o rural

•    Dinamizará o emprego de forma directa e indirecta, grazas á participación de empresas galegas de diversos sectores


Intermax Technology, os membros da Asociación de Operadores Galegos de Redes Sen Fíos de Banda Larga (Opergal) e Blusens planean introducir nos fogares de Galicia a televisión do futuro, con novas funcionalidades e unha gran interacción do usuario, a través do sistema IpTV. Na reunión estivo presente o vicepresidente executivo de Blusens, Miguel Silva; o director xeral de Intermax, Javier Mouriño; e o resto de responsables dos operadores galegos de Opergal.
Actualmente, a IpTV é un servizo demandado por habitantes das zonas rurais que carecen ou teñen deficiencias coa sinal da TDT de alta definición, ademais de ofrecer a nivel xeral numerosos servizos de valor engadido como son os canles por satélite, as videoconferencias a través de skype e un videoclub online.

Este proxecto  contará cun investimento de 1,7 millón de euros en equipos  principais e 3,6 millóns de euros en equipos de usuario. Este investimento, de máis de 5,3 millóns de euros, sumaríase aos 40 millóns do proxecto que Intermax presenta ao concurso de banda larga da Xunta de Galicia. Trátase dunha aposta de futuro de Intermax e Blusens xa que a maior parte deste equipamento non se consideraba subvencionable. Estímase que uns 25.000 fogares, un total de 300.000 galegos, poidan gozar do servizo a finais de 2013. “De resultar beneficiarios do concurso, esta tecnoloxía instalada no rural de Galicia convertiríase nun referente a nivel munidal, adiantándose un par de anos ao resto” –indicou Mouriño.

A mellor tecnoloxía

O servizo de IpTV funciona porque se emprega a mellor tecnoloxía posible en redes sen fíos para o rural (802.11 mimo con doble e triple antena con velocidades máximas teóricas de 450Mbps, que compite coas redes 4G e LTE das zonas urbanas. “Poderase dicir que todos os galegos son de primeira aínda que residan no rural. Esta tecnoloxía xa está probada con éxito en máis de 70 concellos con cobertura de Intermax nos que se ofrecen accesos de 1 a 10 Megas xunto con liña fixa por 5 euros a maiores, tarifa plana a teléfonos fixos nacionais e as mellores tarifas a móbil, seempre sen custe por establecemento de chamada. Mesmo estanse probando con éxito conexións sen fíos de 100 Megas en catro concellos galegos Gallegos da rede troncal de Intermax, que son Arzúa, Palas de Rei, As Nogais e Valdoviño, con intención de incrementalas antes de finais de ano” –explicou Mouriño.

A rede de Intemax é moi capilar e conéctanse clientes de ata un máximo de 10 quilómetros xa que se emprega unha banda de uso común e de potencia limitada. É a mellor forma de chegar ao 100% do rural cos mellores servizos.

Será unha rede moi capilar


Para ofrecer o máximo largo de banda ao usuario emprégase a rede de fibra óptica de Retegal e os seus radioenlaces. Ademais, instalaranse radioenlaces ip de 400Mbps simétricos (un por concello aproximadamente). Para alcanzar o compromiso de cobertura 100%, instalarase rede de acceso nos emplazamentos públicos dos concellos ata chegar aos 290 municipios incluídos no proxecto que recibirán cobertura a través de oito redes de acceso. En función da súa orografía será necesario instalar 2.344 antenas. A cada unha conectaríase unha media de 17 clientes posibilitando amplos largos de banda e multitude de servizos para dinamizar novas iniciativas económicas e socioculturais no rural e posibilitar á administración, educación, sanidade e xustizo pública o uso do contorno 2.0.

Segundo afirman desde Intermax, os clientes afiánzanse mediante un mellor servizo e coas mellores tarifas. Así, a firma galega asegura que non cobra nada en concepto de ata e instalación, e sempre seguen unha política de non aos contratos de permanencia.

Dinamización do emprego


Intermax prevé contratar de forma directa para o proxecto a máis de 200 persoas, ainda que tamén se xerarán postos de traballo de forma indirecta nos máis de 200 proveedores, onde destacan os membros de Opergal e a empresa Blusens.