A innovación tecnolóxica e a seguridade nas igrexas do rural galego chega da man de Intermax

igrexa_Esta iniciativa, Igrexa 2.0, permitirá retransmitir unha misa on-line ou tocar as campás por medio do móbil

O sistema instalarase en oito parroquias dos concellos de Melide, Arzúa e Santiso


A emprega galega Intermax Technology, con sede no municipio coruñés de Melide, presenta o proxecto Igrexa 2.0, unha iniciativa que ofrece servizos de videovixilancia para as igrexas do rural galego. A firma realizou onte unha primeira presentación na Igrexa parroquial de San Xoán de Furelos (Melide), onde participaron o párroco, Rodrigo Rúa; o teniente alcade de Melide, Santos López; a súa homónima de Arzúa, Mª Carmen Torreiro; e o alcade  de Santiso, Fernando Suárez; ademais do director xeral de Intermax, Javier Mouriño; e a enxeñeira da entidade, Marta Vázquez. Está prevista a instalación do sistema nas parroquias melidenses de Orois, Golán, Baltar, Furelos, Leboreiro e Meire; na parroquia de Vimianzo en Santiso; e na parroquia arzuana de Rendal.
Esta iniciativa –froito da colaboración entre a Igrexa, os concellos de Arzúa, Santiso, Melide e a empresa Intermax– nace da necesidade de preservar o enorme patrimonio relixioso e cultural co que contan as igrexas do rural galego e evitar posibles conflictos. O párroco Rodrigo Rúa destacou a necesidade de dotar ás igrexas do rural de sistemas de seguridade baseados nunha videovixilancia eficiente e convertir a seguridade nun tema prioritario.

Igrexas con acceso a Internet, misas on-line e repenique de campás por medio do teléfono móbil

“Esta iniciativa aposta por amplas funcionalidades de seguridade que ofrecen os actuais sistemas de videovixilancia baseados en Internet, con sistemas tanto de prevención como de localización como pode ser a parametrización de rostros” –indicou Marta Vázquez.

Vázquez tamén destacou os servizos que pode prestar Intermax apoiándose nas tecnoloxías de redes sen fío de banda larga: a retransmisión de misas on-line, especialmente pensada para as persoas que no poidan desprazarse á igrexa, ou a posibilidade de tocar as campás desde un ordenador conectado a Internet ou mesmo desde un teléfono móbil.