A banda larga chega a Sobrado dos Monxes da man da empresa Intermax

SobradoA rede dá acceso a Internet en todas as zonas rurais do termo municipal

Intermax é unha firma de Melide que lidera a prestación de servizos de acceso a Internet no medio rural de Galicia


O Concello de Sobrado dos Monxes acolleu hoxe a presentación da Rede de Acceso a Internet da Banda Larga, liderada pola empresa melidense Intermax. O acto, que se celebrou esta mañá na localidade coruñesa estivo presidido polo alcalde de Sobrado dos Monxes, Jacobo Fernández, e o xerente de Intermax, Javier Mouriño; e outros directivo e técnicos da empresa. A rede dá acceso a Internet a toda a poboación do concello, especialmente ás zonas rurais, cunha cobertura do cen por cen garantida para calquera veciño.
Javier Mouriño manifestou a súa satisfacción polo éxito final da instalación e o alcalde de Sobrado destacou a importancia de levar Internet ata as aldeas para poder desfrutar da banda ancha, o que era imposible ata este momento.

Durante a mañá, realizouse tamén unha visita aos repetidores e puntos principais da rede, algúns dos cales están alimentados mediante pracas solares e aeroxeradores. O punto a visitar foi o Campelo, onde os técnicos de Intermax  explicaron o funcionamento dun sistema, pioneiro en España, que non emprega enerxía eléctrica, senón un ciclo combinado formado por un panel solar e un aeroxenerador. Ademais, Javier Mouriño aproveitou a presentación en Sobrado para visitar a clientes que xa a día de hoxe acceden a Internet mediante a rede de Intermax.

Intermax, líder no medio rural galego


Intermax naceu a principios de 2008 en Melide como operadora de telecomunicaciones, posúe rede inarámica propia e quere levar Internet de altas prestacións a todos os recantos de Galicia, pensando especialmente nas zonas rurais desfavorecidas e urbanas periféricas.

Na actualidade, Intermax ten a rede inarámica máis extensa de Galicia, con máis de 4.000 km² de zonas de cobertura. “Continuamos despregando nova infraestrutura de telecomunicacións en zonas rurais de Galicia, e outras comunidades autónomas, grazas á que as distintas Administracións públicas e tamén empresas privadas nos adxudican diversos concursos, licitacións e programas específicos, coa finalidade de instalar novas redes de acceso en áreas de difícil cobertura e de poboacións rurais que carecen deste tipo de infraestruturas. Ademais, estamos a realizar un importante esforzo de investimento. Agora temos máis de 7.050 clientes en 60 concellos –indicou o director de Expansión de Redes de Intermax na provincia da Coruña, Félix García.

A intención da empresa innovadora é eliminar a brecha dixital, brindando servizos avanzados de telefonía, videovixilancia, voz sobre IP (VoIP), televisión e radio, transmisión de datos e acceso a Internet, a través de banda larga, con tecnoloxía inarámica profesional e mesmo grandes velocidades para cubrir necesidades de clientes específicos.

Enlace a un video sobre a presentación e visitar a rede de Sobrado dos Monxes: http://www.youtube.com/watch?v=7WXRbmDYyYE