O Museo Casa da Troia inaugura mañá mércores unha exposición de pinturas que recolle como era a vida na pensión de estudantes que inmortalizou Pérez Lugín na súa novela

expo_webEsta selección de acuarelas do ilustrador Suso Cubeiro poderá visitarse ata o vindeiro 15 de outubro

O Museo Casa da Troia, a vella pensión de estudantes que inmortalizou Pérez Lugín na súa novela, inaugura mañá mércores, 3 de outubro, ás 20:00 horas, unha exposición de pinturas. As acuarelas que integran esta mostra foron realizadas polo artista Suso Cubeiro para a edición revisada, corrixida, anotada e ilustrada de “La Casa de la Troya”; editada por Auga Editora no ano 2009. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 15 de outubro, na terceira planta do museo.

Ler máis: O Museo Casa da Troia inaugura mañá mércores unha exposición de pinturas que recolle como era a...

O Museo Casa da Troia mantén o ritmo habitual de visitantes e suma arredor de 800 no mes de agosto

visitantes_webCrece lixeiramente o número de turistas estranxeiros

O Museo Casa da Troia, que abriu as súas portas o pasado 31 de xullo, mantivo o ritmo habitual de visitantes durante o mes de agosto, arredor de oitocentas, o que supón unha media de trinta visitas diarias, xa que pecha os domingos pola tarde e o luns todo o día. O horario matinal é de 11 a 14 e o vespertino, de 16 a 20 horas.

A Asociación de Antigos Tunos Composteláns, que xestiona o Museo Casa da Troia, celebrará o sábado-24 unha xornada de confraternidade

conferencia_farina_webÁs 12:00 horas asemblea xeral na Fundación Novacaixagalicia, ás 12:30 conferencia de Miguel Fariña sobre as tunas do s. XIX e ás 14:30 xantar no restaurante Don Quijote

A Asociación de Antigos Tunos Composteláns, que xestiona o Museo Casa da Troia, celebrará o vindeiro sábado-24 unha xornada de confraternidade que incluirá a asemblea xeral, unha conferencia e un xantar. A xuntanza será ás doce da mañá no salón de actos da Fundación Novacaixagalicia (Rúa do Vilar, 19), á que seguirá a charla sobre “Xosé Curros e as tunas da década dos oitenta no século XIX”, que dará Miguel Fariña –profesor de Historia da Música do Conservatorio Profesional de Santiago e antigo tuno compostelán–, para finalizar cun xantar de confraternidade no restaurante Don Quijote sobre as dúas e media.

O Museo Casa da Troia, a vella pensión de estudantes que inmortalizou Pérez Lugín na súa novela, abre de novo a vindeira semana e poderá visitarse durante todo o verán

rua_troiaUn milleiro de turistas procedentes de toda España e de diversas partes do mundo achéganse á casa na época estival

O Museo Casa da Troia abre de novo as súas portas ao público a vindeira semana. Será o martes, 31 de xullo, nun acto que reunirá a representantes do Concello de Santiago, da Universidade e da Xunta de Galicia; que terán a oportunidade de facer un percorrido pola casa. O museo poderá visitarse durante todo o verán, polas mañás en horario de 11:00 a 14:00 horas e polas tardes de 16:00 a 20:00 horas. Estará pechado, como é habitual, os domingos pola tarde e os luns durante todo o día.

Ler máis: O Museo Casa da Troia, a vella pensión de estudantes que inmortalizou Pérez Lugín na súa novela,...

O Museo Casa da Troia, agora pechado por obras, recibiu un milleiro de visitantes

Tejado Casa de la TroyaAbriu do 14 de xullo ao 16 de agosto cun fluxo similar ao do 2010

Os andaluces superaron aos madrileños por primeira vez

Os franceses lideran con diferenza o rexistro internacional

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2011 (Vía Láctea Comunicación).- O Museo Casa da Troia obtivo un balance “moi satisfactorio” das visitas que recibiu en pouco máis dun mes, entre o 14 de xullo e o 16 de agosto, xa que agora permanece pechado debido a obras de mantemento do edificio que realiza o Consorcio de Santiago. O saldo anticipado de verán rexistra un total de 1.058 visitas: 853 de España e 205 de todo o mundo. Ademais, vendéronse corenta e un exemplares da novela de Alejandro Pérez Lugín que recrea a vida universitaria de Compostela a finais do s. XIX, así como outros produtos alusivos.

Ler máis: O Museo Casa da Troia, agora pechado por obras, recibiu un milleiro de visitantes