O Museo Casa da Troia mantén o ritmo habitual de visitantes e suma arredor de 800 no mes de agosto
- Detalles
- Categoría: Museo Casa da Troia
- Published: Venres, 31 Agosto 2012 23:00
- Visitas: 790
As visitas guiadas, que poden ser en galego, castelán, francés e inglés, “funcionan moi ben” e os comentarios que deixan no libro de visitas son “moi eloxiosos e agarimosos, tanto sobre a casa e o mobiliario como sobre as explicacións das guías”, engade Amor. Excelente restauración e conservación, ou sorprendente, emotiva e divertida visita son os calificativos máis empregados polo público. Este verán véndese menos mercadotecnia, sendo a novela, ao prezo de doce euros, o artigo con maior saída.
A Casa da Troia, de antiga pensión de estudantes a museo
O edificio que alberga o Museo Casa da Troia construíuse a mediados do século XVIII. Na planta baixa está a recepción, antiga zona de paso tanto das persoas como dos cabalos que baixaban ás cortes. No primeiro andar atópase o vello salón-comedor, tamén habilitado como zona de estudo, e noutra época lugar de ensaio da Tuna Compostelana; e a sala de respecto, unha pequena estancia empregada durante as visitas dos familiares dos estudantes. No segundo andar están os dormitorios. No ático atópase a cociña, ademais dun pequeno dormitorio, que na novela pertencía a Dona Generosa, a patroa. O soto, que antigamente se usaba como corte dos cabalos, está dedicado ás tunas universitarias, e poden admirarse diversos instrumentos musicais, becas, capas, trofeos, fotografías e outras pertenzas da estudantina.