Di Elas e Chenoa abren as Festas da Ascensión de Santiago, con concertos gratuítos no Campus Vida
- Detalles
- Categoría: Festas Concello Santiago
- Published: Mércores, 11 Mai 2011 15:53
- Escrito por Eva
- Visitas: 842
Haberá actuacións de música tradicional, actividades deportivas e orquestras
na Alameda desde o mércores-1 ao domingo-5 de xuño
Xosé Baqueiro, concelleiro de Festas de Santiago: “Son as festas máis compostelás, cun programa pensado para o goce das familias en conxunto”
O concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa o programa da Ascensión 2011. En total serán cinco días de festa, do 1 ao 5 de xuño, con 50 actuacións musicais, charangas e pasarrúas a todas as horas e en todas as prazas da cidade, mesturadas con actividades tradicionais de folclore nas rúas, títeres, deportes como a chave ou as novas prácticas urbanas relacionadas co skate, ademais das atracción e postos de polbo na Alameda. “Son as festas máis compostelás, cun programa pensado para o goce das familias en conxunto. Haberá catro escenarios principais –Campus Vida, Alameda, rúas do casco histórico e a praza de Cervantes ” –explicou o concelleiro. As festas contan cun orzamento de 180.000 euros.