- Detalles
-
Categoría: Festas Concello Santiago
-
Published: Xoves, 22 Xullo 2010 17:57
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 706
Haberá maís de 5.000 artificios, 25.000 efectos pirotécnicos distribuídos en 31 minutos
En total, Santiago contará con oito noites de fogos para goce de todos os visitantes
Un desfile e unha concentración na Quintana marcarán a celebración da XXXII do Día do Traxe Galego
Bebe actúa mañá na Quintana, ás 23:00 horas, para presentar o seu último traballo discográfico “Y.”
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro; o xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva; o xerente do Xacobeo, Ignacio Santos; e responsables da Pirotecnia Caballer, Pepe Bravo –xefe de Produción– e Ernesto López –xefe de Operacións– presentaron esta tarde na sede do Consorcio o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do sábado-24 e as réplicas consecutivas que se farán entre o 25 e o 31 de xullo. En total serán oito días de fogos.
Ler máis: Os fogos terán o seu gran momento na noite do sábado-24 cun espectáculo sobre a lenda do Apóstolo...
- Detalles
-
Categoría: Festas Concello Santiago
-
Published: Martes, 20 Xullo 2010 12:32
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 747
Presentan ás 23:00 horas o seu espectáculo Tradicción
O concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, acompañado polo xerente de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentou hoxe no Teatro Principal o espectáculo Tradicción da compañía Nova Galega de Danza que se poderá ver mañá mércores, a partir das 23:00 horas na praza da Quintana. No acto tamén estiveron presentes os directores artísticos da compañía, Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer, e o seu director musical, Pedro Lamas. Esta actividade cultural e de ocio está patrocinada polo Xacobeo e conta coa colaboración da Concellaría de Festas de Santiago.
Ler máis: A fusión da música e danza galegas mañá sobre o escenario da Quintana, da man da compañía Nova...