O Toural recibe mañá aos romaneses Nightlosers, un grupo de blues con raíces do seu folk natal
- Detalles
- Categoría: Festas Concello Santiago
- Published: Mércores, 28 Xullo 2010 12:04
- Escrito por Eva
- Visitas: 842

• O escocés Mark Knopfler deleitará esta noite ao público do Multiusos cos seus temas de blues, rock e folk (apertura de portas: 20.00 h; comezo concerto: 22.00 h)
• A banda galega Esguince toca esta noite, ás 23.00 horas, no Toural os grandes clásicos do rock
Esta noite, dentro do programa de concertos do Apóstolo 2010 e organizado pola S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, Mark Knopfler tocará no Multiusos Fontes do Sar a partir das 22:00 horas. O guitarrista escocés presenta en Galica o seu traballo “Get Lucky” repleto de temas con sons de blues, rock e folk. As portas do recinto abriranse ás 20:00 horas para acoller ao numeroso público que encherá o Sar durante as dúas horas de concerto.