As famosas Cantareiras de Ardebullo abren as portas do Antroido coa banda sonora das verbenas galegas

MECO_2011Unha provocativa Meca presidirá desde mañá as festas da cidade no balcón do Pazo de Bendaña

Para participar no desfile do Martes hai que anotarse no Teatro Principal antes do luns-7 ás 14:00 horas


Horas antes do inicio das festas de Don Carnal, os composteláns frótase as mans ao pensar en todo o bo que lles espera para os próximos días. Como de costume, as familias organizan comidas típidas das festas e os postres da nosa terra, orellas e filloas. Pero ademais, nas rúas todo está disposto para o comezo da música e as máscaras.

O dúo de actores Nucha e Mucha apadriñan o Antroido de Compostela, acompañados pola orquestra Ardebullo Bin Ban nunha verbena típica galega

cantareirasXosé Baqueiro: “O Antroido xa é cita indiscutible para os composteláns, que ano a ano gaña máis adeptos”

Un Meco, por primeira vez con corpo de muller, presidirá as festas desde os balcóns de Bendaña, á espera do seu destino final na queima do mércores-9 na praza Roxa

•    O desfile do martes contará coas comparsas e carrozas máis espectaculares de toda Galicia que optarán a premios valorados en 13.190 euros

•    Haberá galardóns especiais para as mellores comparsas das parroquias e barrios da cidade


O concelleiro de Xuventude e Festas de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, acompañado polo creador do Meco, José Manuel Méndez, presentou hoxe o programa de actividades para o Antroido 2011, que se celebrará entre os días 5 e 9 de marzo.

O Nadal continúa na carpa da praza Roxa con actividades gratuítas de cultura urbana [luns-3 e martes-4]

MilO luns, a partir das 19:30 horas, actuará o compostelán Dj Mil

A Concellaría de Xuventude e Festas de Santiago prosegue coa súa programación para o Nadal. Os máis novos poderán pasar unhas horas de lecer na carpa da praza Roxa o próximo luns e martes con actividades de cultura urbana gratuítas. O luns-3 e o martes-4 haberá xogos de rol e talleres de recortables tropa Korrigan, Wahammer, Infinity e  Carcassone, entre ás 11:30 e  as 13:30 horas.

Unha comitiva de sete carrozas, un tren de fantasía con animación musical e Bob Esponja e os seus amigos acompañarán na tarde do mércores-5 aos Reis Magos na súa Cabalgata polas rúas de Santiago

CabalgataParticiparán máis de 200 figurantes e repartiránse 3.000 quilos de caramelos sen glute

A cabalgata sairá ás 18:00 horas da Estación de Ferrocarril para chegar á praza do Obradoiro aproximadamente ás 19:00 horas, onde se estima que máis de 2.000 rapaces serán recibidos polas súas Maxestades os Reis Magos de Oriente


O concelleiro de Xuventude e Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa  a Cabalgata de Reis, que se celebrará, como é habitual, durante a tarde do mércores-5 de xaneiro.

Unha festa multimedia e pirotécnica despedirá a última noite do ano desde a praza da Quintana

Repartiranse 2.500 bolsas de uvas e cotillónfinano

• O actor Carlos Blanco fará de mestre de cerimonias

• A música chegará coa orquestra Olympus, que actuará no Obradoiro despois das doce badaladas

O concelleiro de Xuventude e Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa a festa de Noitevella, un espectáculo multimedia e pirotécnico organizado en colaboración co Consorcio de Santiago para despedir o Ano Santo e dar a benvida ao 800 aniversario da Catedral de Santiago que se celebrará durante o 2011. O presuposto da actividade foi de 60.000 euros.

Ler máis: Unha festa multimedia e pirotécnica despedirá a última noite do ano desde a praza da Quintana