Un total de 2.000 maiores reuniranse mañá en Amio nun xantar con animación de orquestra incluída

 

SidonieO segundo campionato Compostela Skate con exhibicións de profesionais e a entrega de premios, mañá na Alameda

Esta noite o festival Pop na Ascesión comezará ás 22:00 horas cos teloneiros Dirty Soks, seguidos de Jonston, Arizona Baby, Niños Mutantes e Sidonie, no Campus

Tralo festival Santiago 40 Pop con Sinestesia, Georgina e Efecto Mariposa, o terceiro día da Ascesión preséntase cargado de actividades. Pola tarde, ás 18:00 horas, toda a familia xunta poderá gozar co espectáculo musical Rock N’ Micro, un rockdocumental en forma de viaxe pola historia dos estilos musicais do século XX. A obra conxuga música en vivo (da man de La Banda D’ Nash), danza (a través da compañía Duelirium), cómic, teatro ou circo, especialidades artísticas que se mesturarán enriba do escenario. Ademais da historia do rock, ao longo do espectáculo poderase desfrutar de coreografías aéreas, clásicos do rock de artistas como Elvis Presley, os Rolling Stone, The Beatles, Pink Floyd ou The Doors.

Tamén pola tarde celebrarase na Alameda o tradicional Campionato de Chave, que chega a súa trixésimo cuarta edición. Pola noite, actuará a orquestra Galilea no Paseo Central da Alameda ás 22:00 horas. Á mesma hora actuará na Sala Capitol o rapeiro estadounidense Raekwon, nun concerto do Ciclo Xacobeo IMPORTA ás 22:00 horas. No Toural haberá música da man dunha banda cosmopolita creada no ano 2007 no corazón de Londres, The New Covers Band e Daniel Spiller & The Broken Record Project, ás 22:30 horas.


Esta noite haberá un novo festival gratuíto, o Pop na Ascensión, que terá como protagonistas a catro grupos destacados do panorama pop español: Jonston, Arizona Baby, Niños Mutantes e Sidonie, ademais da actuación do grupo compostelán gañador da segunda edición do Certame MúsicaXove na categoría de pop, Dirty Socks como teloneiros.

A XII Festa dos Maiores en Amio [sábado-15]

As festas continúan mañá-sabado cunha lista cargada de actividades. Pola mañá, celebrarase a XII Festa para os nosos maiores, no recinto feiral de Amio. Ademais dun xantar, os 2.000 asistentes confirmados contarán con animación de comparsas de cabezudos e a actuación da orquestra Superfama.

Compostela Skate 2010: concurso e exhibicións [sábado-15]

Durante todo a xornada de mañá sábado celebrarase o certame Compostela Skate 2010, organizado pola Concellaría de Xuventude e Festas e a empresa especializada neste tipo de eventos Factor Ulises. Vai dirixido a rapaces de todas as idades amantes da cultura urbana, que serán distribuídos por categorías segundo o seu nivel. Pola tarde, celebrarase o campionato de skateboard, con premios en metálico para os cinco primeiros clasificados e un primeiro premio especial para o mellor clasificado de Santiago. En total, repartiranse 3.000 euros entre os mellores participantes. Ademais, haberá exhibicións de BMX (modalidade acrobática de ciclismo) de competidores procedentes de diferentes partes de España.

Tamén se celebrarán shows de break dance con bailaríns de experiencia internacional que amosarán as súas habilidades nesta rama. Xa pola noite, a partires das 22:30 horas, comezará o Festival Compostela Skate 2010 de música urbana, con mostras de hip hop, a cargo de Kultama, Hermano L, Tramaturgia (gañador na categoría do MúsicaXove ’09), e o grupo 504 (cuxos compoñentes foron premiados na primeira e segunda edición do MúsicaXove). Os máis pequenos poderán estrearse en todas estas disciplinas cos cursiños de iniciación que se impartirán de forma gratuíta antes das exhibicións.

Nesta xornada contarase cun espectáculo teatrol no Principal, a partir das Teatro Sempre en Riaxo. O soño do barbeiro, do Grupo Artístico de Teatro, Música e Danza de Rianxo. Pola noite a música continúa coa orquestra Alarma, no Paseo Central da Alameda ás 22:00 horas. Na praza do Toural actuará ás 23:00 horas co grupo Renato Spencer e Café Caxaça.