O pop volve a Santiago da man de cinco grupos encabezados por Sidonie e Niños Mutantes

RaekwonO rapeiro estadounidense Raekwon presenta mañá os seus temas na Capitol ás 22:00 horas

Esta noite a cita está no Campus con Efecto mariposa, Georgina e Sinestesia, ás 22:00 horas


As Festas da Ascensión continúan hoxe despois de vivir onte unha noite con moita xente polas rúas e no Campus, onde a xuventude gozou e vibrou coa música desenfreada de Emir Kusturica and The No Smoking Orchestra. Esta mañá celebrouse o Concurso Cabalar Ascensión 2010, que segundo  o coordinador da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Xacobe Pérez Paz, contou cunha alta participación, aproximadamente 15.000 persoas que aproveitaron o tempo despexado da mañá para achegarse ata Amio. Tamén recibiu o apoio institucional do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o concelleiro de Sanidade, Consumo e Mercados, Andrés Fariña; o concelleiro de  Deporte, Bernardino Rama; e o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro.
Do mesmo xeito na entrega de premios e presenciando o espectáculo de doma estiveron o líder do PSdeG-PSOE, Patxi Vázquez; o presidente da Deputación Provincial de A Coruña, Salvador Fernández Moreda; a secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo; e o presidente da Comisión de Actividades Rurais da Federación Hípica Galega, Joaquín González Troncoso. Ao remate a corporación municipal socialista, acompañada por Patxi Vázquez, xantaron o tradicional polbo nos postos da Alameda.

En canto ao número de cabezas de cabalos, a feira contou coa participación de 465 reses (entre cabalos, burras e mulas), ademais de 27 pezas de ovino e caprino. Tras todas as exhibicións e concursos oficiais, onde participaron un total de 50 cabezas, chegou o momento de deliberación e entrega de premios. Estas actividades tiveron moita concurrencia de público e unha alta calidade das gandeirías participantes chegadas de Santiago, Teo, Vedra ou mesmo Ponteulla. Os premiados foron os seguintes:

Concursos Morfolóxicos:

-    Modalidade Cabalo de pura raza galega:
1º premio: Jalisco, de Lino Freire (Oza dos Ríos)

-    Modalidade Egua de pura raza galega:
1º premio: Támega,  de Lino Freire (Oza dos Ríos)

-    Modalidade Cabalos cruzados:
1º premio: Morizárabe, de Gabriel Fernández (Vedra)

-    Modalidade Eguas cruzadas:
1º premio: Viana, de Manuel Touceda (Teo)


Gran premio institucional do Concello de Santiago Dragóns de Santiago 2010:

-    Cabalo Jalisco, con 82 puntos, da gandeiría Lino Freire de Oza dos      Ríos. Fíxoselle entrega dunha praca conmemorativa donada polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino. Trátase dun premio institucional subvencionado polo Concello de Santiago de Compostela, o Ministerio de Medio Ambiente e a Federación Española de Asociaciones de Ganado Selecto.

Folk na rúa


Ademais do deporte e o arte cabalar, durante todo o día tres agrupacións folclóricas actúan polas diversas prazas do casco histórico:

•    Cantigas e Agarimos: 12.00 horas na praza das Praterías; 13.00 horas na praza de Cervantes; 18.00 horas no Toural; 18.45 horas en Praterías; e 19.30 horas na praza de Cervantes.
•    Brincadeira: 12.00 horas na praza de Cervantes; 13.00 horas na praza das Praterías; 18.00 horas en Cervantes; 18.45 horas no Toural; e ás 19.30 horas nas Praterías.
•    Colexiata do Sar: 12.30, 13.00 e 14.00 horas na Carballeira de Santa Susana; 18.00 horas nas Praterías; 18.45 horas en Cervantes; e ás 19.30 horas na praza do Toural.

Pola súa parte, a agrupación Cantigas e Agarimos actuará o próximo luns-18, Día das Letras Galegas, na praza do Toural ás 20:00 horas, cunha programación ampla e moi especial adicado a esta xornada.

Tamén comezou a etapa da Volta Ciclista a Galicia, organizada polo Club Ciclista Compostelano-Muebles Compostela, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo. Participaron quince equipos, cun total de 105 corredores chegados de Francia, Rusia, Portugal, doutros puntos de España e de Galicia. Completaron un percorrido de 135 quilómetros polas estradas de Compostela.

A etapa foi a seguinte: saída ás 15:00 horas da Praza Europa da Área Central, Rúa París, Camiño Francés, Praza de Europa, San Caetano, Pastoriza, Basquiños, San Roque, Senra e chegada aproximadamente ás 18:30 horas á Rúa Xoán Carlos I e saíndo en dirección Noia. Para a seguridade da volta, ademais de contar coa vixilancia da Garda Civil, colaborou MotoClub Compostela. Mañá venres a carreira sairá ás 14:00 horas de Área Central cara a rúa París, Londres, Avenida de Lugo, San Caetano, Salgueiriños, Cruceiro da Coruña con dirección Ferrol, onde rematará a carreira arredor das 18:00 horas.

Á noite, a festa continúa cun festival de música gratuíto no Campus Sur. o Santiago 40 Pop, que comeza ás 22:00 horas desta noite. Acturán tres grupos: Sinestesia, Georgina e Efecto mariposa. Tamén haberá música no Paseo Central da Alameda coa orquestra Players a partir das 22:00 horas, e no Toural actuará Lou Reyes y Los Astros, ás 24:00 horas.

Pop na Ascensión e Campionato de chave


Na xornada de mañá, ás 18:00 horas no Teatro Principal, toda a familia xunta poderá gozar co espectáculo musical Rock N’ Micro, un rockdocumental en forma de viaxe pola historia dos estilos musicais do século XX. A entrada ao Teatro será de balde e poderase recoller na taquilla unha hora e media antes de dar comezo a función.

Tamén pola tarde dará comezo na Alameda o tradicional Campionato de chave, que chega a súa trixésimo cuarta edición. Pola noite, acturá a orquestra Galilea no Paseo Central da Alameda ás 22:00 horas. Tamén ás 22:00 horas actuará na Sala Capitol o rapeiro estadounidense Raekwon, nun concerto do Ciclo Xacobeo IMPORTA ás 22:00 horas (entradas á venta: www.servinova.com, Discos Gong  e A Reixa tenda –Santiago-, Elepé –Vigo-, Taquilla Plaza Ourense –Ourense-, www.breakpoint.es). No Toural soará música da man de The New Covers Band e Daniel Spiller & The Broken Record Project, ás 22:30 horas. Trátase dunha banda cosmopolita creada no ano 2007 no corazón de Londres, hoxe en día composta por cinco membros:

•    Daniel Spiller (guitarra evoz), de nacionalidade inglesa.
•    Mauro Pes (piano), de Sardeña (Italia).
•    Marc Ros (batería e percusión), de Holanda.
•    Hezron Chetty (violín), de Suráfrica
•    Daniel Mouriño (baixo e coros) de Boiro (Galicia).

E de novo un festival, de carácter gratuíto: o Pop na Ascensión que terá como protagonistas a catro grupos destacados do panorama pop español: Sidonie, Niños Mutantes, Arizona Baby e Jonston, ademais de contar coa actuación do grupo compostelán gañador da segunda edición do Certame MúsicaXove na categoría de pop, Dirty Socks como teloneiros [ver perfil dos grupos]. Segundo a orde de actuación tocarán Jonston e Arizona Baby como grupos emerxentes de xira actualmente por toda España, e pecharán a noite Niños Mutantes e Sidonie.