O festival Pop na Ascensión reúne en Santiago a catro grupos alternativos, Sidonie, Niños Mutantes, Arizona Baby e Jonston o venres-14 de maio

Xos_Baqueiro_acompaado_da_tcnico_municipal_Montse_Cillero_durante_a_rolda_de_prensa_1Como teloneiros actuará o grupo compostelán Dirty Socks, a partir das 22:00 horas no Campus Sur

A segunda final do MúsicaXove será mañá, ás 22:00 horas na Sala Capitol, cos grupos de pop Belöp, Por Pracer e Frab Fly
O concelleiro de Festas de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, presentou hoxe o festival Pop na Ascensión, que se celebrará o venres-14 de maio ás 22:00 horas no Campus Sur. Este festival, de carácter gratuíto que forma parte do programa de actividades das Festas da Ascensión, terá como protagonistas a catro grupos destacados do panorama pop español: Sidonie, Niños Mutantes, Arizona Baby e Jonston, ademais de contar coa actuación do grupo compostelán gañador da segunda edición do Certame MúsicaXove na categoría de pop, Dirty Socks como teloneiros [ver perfil dos grupo]. Segundo a orde de actuación tocarán Jonston e Arizona Baby como grupos emerxentes de xira actualmente por toda España, e pecharán a noite Niños Mutantes e Sidonie. Segundo Baqueiro, este festival dá continuidade á promoción e difusión que a Concellaría de Festas e Xuventude realiza cos grupos de música que tocan nos Locais Municipais de Ensaio de San Lázaro. Estes locais dispoñen de dúas salas independentes co material básico para compoñer e tocar. Os grupos musicais tamén reciben respaldo en canto á promoción e difusión das súas actividades, con actuacións e concertos organizados polo departamento ou a través de colaboracións con outras institucións, salas de concertos e demais empresas.

Para dar saída comercial aos grupos convócase desde fai tres anos o Certame MúsicaXove na Sala Capitol, un concurso musical no que compiten varios grupos por categorías musicais para gravar un cd recopilatorio e unha compensación económica. Ata o momento participaron 32 grupos da área de Compostela e doutros puntos de Galicia. O seu obxectivo principal é promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical dos novos intérpretes. “Con esta serie de iniciativas pretendemos crear unha boa canteira de grupos musicais que convirtan a Santiago na capital galega da música emerxente” –explicou Baqueiro.

Segunda final do MúsicaXove, mañá ás 22:00 horas na Capitol

A segunda final do Certame MÚSICAXOVE´10, organizado pola Concellaría de Xuventude de Santiago de Compostela dirixida por Xosé Baqueiro, terá lugar mañá venres-7 de maio, ás 22:00 horas na Sala Capitol. Competirán tres grupos na categoría de pop-rock: Belöp (Redondela), Por placer (Vigo) e Frab Fly (Santiago).

A Capitol abrirá as súas portas a partir das 21:30 horas para que todos os que queiran asistir ao concerto poidan recoller a súa entrada (de balde). O aforo completarase unha vez que se distribúan todas as localidades.

As tres bandas tocarán en directo os dous temas obrigatorios presentados na maqueta e dous temas libres a maiores. En canto ao xurado, composto por especialistas do mundo da música, valorará a utilización da lingua galega, tanto nas letras coma na imaxe da banda. Os seus membros son o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, en calidade de presidente; a directora da Escola Municipal de Música, Sara Domínguez; o locutor dos 40 Principais, Gabi Davila; o músico Carlos Arévalo; o xerente da Sala Capitol, Antonio García Borrazás; o promotor musical vinculado ao Reixa e á Sala Nasa, Francisco Villasenín; o músico, Lucas Rey; e como secretaria a técnico do Departamento de Xuventude, Noela Vilas.

O primeiro clasificado da modalidade musical recibirá un premio en metálico de 2.000 euros, mentres que os do segundo posto levaranse 1.000 euros e os terceiros 500. Ademais, desde a Concellaría preparan a gravación dun CD conxunto entre os gañadores de cada modalidade.