O Nadal continúa na carpa da praza Roxa con actividades gratuítas de cultura urbana [luns-3 e martes-4]

MilO luns, a partir das 19:30 horas, actuará o compostelán Dj Mil

A Concellaría de Xuventude e Festas de Santiago prosegue coa súa programación para o Nadal. Os máis novos poderán pasar unhas horas de lecer na carpa da praza Roxa o próximo luns e martes con actividades de cultura urbana gratuítas. O luns-3 e o martes-4 haberá xogos de rol e talleres de recortables tropa Korrigan, Wahammer, Infinity e  Carcassone, entre ás 11:30 e  as 13:30 horas.
O luns pola tarde, entre as 19:30 e as 21:30 horas, está programada a actuación do Dj compostelán Mil. Dj Mil  (http://scratchplanet.blogspot.com) deuse a coñecer fai varios anos na escena underground de Santiago, actuando en locais da cidade. Gravou a súa primeira maqueta, “Scratch Planet”, e alcanzou unha boa crítica na revista especializada “Hip Hop Nation”. En 2009 entra a formar parte de Tramaturgia, un grupo emerxente de Santiago, cos que grava o seu primeiro disco. Con eles, actúa nas salas e festas máis importantes da cidade e por varios puntos da provincia, compartindo cartel con iconos do Hip Hop español como Kultama, De la Hoja ou Hermano L. Nese ano grava tamén a súa demo “Efecto Sonoro”, na que se estrea como productor. Pola súa conta organizou o Feel the Vinyl Tour xunto a Dj Webo (504) e Dj Cytral (PalaPeña), actuando en Santiago, Vigo e Pontevedra. Conseguiu en 2009 o terceiro posto en categoría individual na eliminatoria de Asturias de DMC e compartiu escenario con grandes do panorama galego como Dios Ke te Crew. En 2010 autoeditou o seu primeiro disco, “Rockstarz EP”, coa colaboración de PalaPeña, Riván, e os estadounidenses Trippz e ThatKidNamedCee.