O Teatro Principal albergará un festival de Nadal amenizado por 15 corais de diversos barrios e parroquias de Compostela

Xosé Baqueiro, concelleiro de Xuventude e Festas de Santiago: “As corais xa coraisnadalse convertiron nun clásico do Nadal, con panxoliñas tradicionais e cancións populares”

Celebrarase este domingo, luns e martes ás 20:00 horas, con entrada gratuíta


O concelleiro de Xuventude e Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa o programa do festival de corais no Nadal. Celebrarase o domingo-26, luns-27 e martes-28, a partir das 20:00 horas no Teatro Principal e con entrada de balde. Escoitaranse panxoliñas da man de 15 corais de diferentes barrios e parroquias da cidade.
Esta actividade pon o toque musical con panxoliñas tradicionais, populares e mesmo doutros países aos días do Nadal. Participan a Coral Xúbilo. Asociación de Pensionistas e Xubilados de Santiago, Coral Pontemantible, Coral Coto da Nai, Coral Asociación Cultural Amigos do Castiñeiriño, Coral Irmán Gómez, Coral La Salle, Coral José Saramago, Coral Polifónica de Lavacolla, Coral A Xuntanza, Coral Polifónica Alfaia, Coral polifónica Amigos de Compostela, Coral A Ruliña de Laraño, Coral Polifónica Colexiata de Sar, Coro Santa Susana e Coral Cantigas e Agarimos.

“Trátase dunha homenaxe ao traballo que realizan estas agrupacións corais durante todo o ano e de maneira desinteresa nos distintos barrios e parroquias aos que pertencen, ademais de ser un punto de encontro continuo para os veciños. As corais xa se convertiron nun clásico do Nadal, con panxoliñas tradicionais e cancións populares” –destacou Baqueiro.