Os “Aviones” de Pereza aterrarán mañá ás 22:00 horas na Quintana

IMG_511220okOs fogos de fin de festa do sábado retrásanse ata ás 24:30 horas

Jean-Michel Jarre ofrecerá un asombroso espectáculo repleto de música electrónica no que a iluminación, os efectos especiais e a tecnoloxía terán un papel destacado [sábado, 22:30 horas no Obradoiro]

Os festexos do Apóstolo comezan a tocar a súa fin con tres días por diante que marcarán o fin de festa. A música seguirá sendo a principal protagonista no programa de festas destes días. Esta tarde, a Banda Municipal de Música, ofecerá un concerto ás 19:30 horas na rúa do Vilar. Tocarán cinco pezas de diferentes estilos e autores: Faustino Rozalén, de X. Carlos Seráns; Alborada de Carril, de F. Landín; Aida (escea e gran marcha), de G. Verdi; e A voda de Luís Alonso, de G. Giménez.

 

No Toural terá lugar a actuación do grupo romanés Nightlosers, acompañado pola representación mímica dos actores Mihai Baranga e Andreea Paduraru que traen a Santiago o espectáculo Flirt, galardoado co Premio do Público no Festival Internacional de Teatro de Belgrado en 2007 e o de Mellor Actriz no Festival Internacional de Teatro de Finlandia.

O concerto, realizado en colaboración co Instituto Cultural Rumano, comezará á unha da madrugada. Nightlosers é unha banda etno-blues que destaca pola súa capacidade para atopar raíces comúns entre o seu país e o rock, blues e folk de Europa do Leste. Cantan habitualmente en inglés, cun son moi clásico no que ao blues tradicional se refire, pero rapidamente se deixan influír pola tradición romanesa, cun gran protagonismo do violín e a viola, tocados polo guitarrista El Lako Jimy. Utilizan intsrumentos pouco habituais, como el "taragot" que eles mesmos describen como "kind of clarinet" polo seu decoñecemento no exterior, o cimbalon (un instrumento de orixe incerta: é unha especie de gran salterio, de corda e tocado con mazos).

Como é habitual nesta semana, haberá réplica dos fogos con espectáculo de luz e son ás 23:30 na praza do Obradoiro.

Pereza ofrece en Santiago o seu único concerto programado para este verán en Galicia

O dúo madrileño Pereza presenta mañá, ás 22:00 horas na praza da Quintana, o seu último traballo discográfico, Aviones. Trátase do seu sexto álbum de estudo da banda cun son máis acústico e toques de folk e country.

Aviones preséntase como un disco máis intimista, máis folkie e mesmo, máis persoal, con temas en acústico e bastentes  medios tempos. As letras das decesate cancións que conforman o álbum reflicten a pasión coa que foron ideadas dando lugar a un traballo que o dúo califica de “corazón acústico”. O grupo conta con novos instrumentos e algúns que utilizaron de forma esporádica como o banjo, a mandolina ou o melotrón. Recibiron ademais a colaboración de Andrés Calamaro nun dos temas que compoñen este último traballo.

Os Pereza terán como teloneiros ao grupo madrileño 84, unha formación que  naceu no seo do Selo Movistar e que está comezado a despertar e a tocar a nivel nacional e internacional como teloneiros de Julieta Venegas, Amaia Montero, Ragdog e Pereza. A banda estase consolidando como unha das novas promesas da música do noso país con singles como “El burdel de la sirena” ou “Flor de primavera”. 84 volve a compartir escenarios con Pereza despois do éxito do pasado verán.

A compra das entradas pode realizarse a través de www.servicaixa.com, na taquilla telefónica 902 332 211, no Teatro Principal (en horario de 17:00-21:00 horas) ou directamente na taquilla da Quintana momentos previos ao inicio do concerto.

O grupo romanés Nightlosers volverá a dar mañá un concerto no Toural, acompañado novamente por Flirt, aos que se sumará a formación alemana Trigon. Será a partir das 24:00 horas.

Cambio de horario nos fogos de fin de festa do sábado

O espectáculo pirotécnico que pechará as Festas do Apóstolo 2010 e que terá lugar na escalinata do Campus comezará ás 24:30 horas, unha vez fianlice o concerto de Jean Michel Jarre na praza do Obradoiro. Co fin de evitar a coincidencia no tempo dos dous espectáculos, decidiuse retrasar o inicio dos fogos de Fin de Festa. Por outra parte, o concerto de Jean Michel Jarre, no Obradoiro, comezará ás 22:30 horas.

A actuación de Jarre entra dentro da súa nova xira mundial, á que bautizou como “2010” en homenaxe a Sir Arthur C. Clarke, e que integra a máis pura tecnoloxía en son, luces e efectos especiais para conseguir un resultado asombroso. Por razóns de seguridade e seguindo o protocolo marcado, o concerto terá un aforo limitado a 8.000 persoas.

O sábado, última xornada de festas deste ano, celebrarase a XXXI edición do Día do Traxe ao longo de todo o día. Haberá concentración das persoas ataviadas con traxes tradicionais galegos na Alameda, ao que seguirá o desfile polas rúas da zona monumental ata o Obradoiro. Xa pola tarde, terá lugar a exhibición e concurso de traxes na Quintana.