O Toural recibe mañá aos romaneses Nightlosers, un grupo de blues con raíces do seu folk natal

NightlosersTerán acompañamento de mímica durante a súa actuación [01:00 horas]

•    O escocés Mark Knopfler deleitará esta noite ao público do Multiusos cos seus temas de blues, rock e folk (apertura de portas: 20.00 h; comezo concerto: 22.00 h)

•    A banda galega Esguince toca esta noite, ás 23.00 horas, no Toural os grandes clásicos do rock


Esta noite, dentro do programa de concertos do Apóstolo 2010 e organizado pola S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, Mark Knopfler tocará no Multiusos Fontes do Sar a partir das 22:00 horas. O guitarrista escocés presenta en Galica o seu traballo “Get Lucky” repleto de temas con sons de blues, rock e folk. As portas do recinto abriranse ás 20:00 horas para acoller ao numeroso público que encherá o Sar durante as dúas horas de concerto.
Ademais, o grupo Esguince (The Paleo Rock Band) tocará no Toural esta noite ás 23:00 horas. Esta é unha banda de rock galega formada por cinco membros (Miguel Boo, Manuel Torrente ‘Lolo’, Carlos Beceiro, Roberto Barros eToni Fernández) que interpretan versións de temas dos Beatles, Rolling ou Credence. Ademais, coma todas noites desta semana, haberá espectáculo de luz e son desde o Obradoiro a partir das 23:30 horas.

Concerto da banda municipal no Vilar


Durante a xornada de mañá as festas continúan cunha nova actuación da Banda Municipal de Música, que ofrecerá un concerto ás 19:30 horas na rúa do Vilar. Tocarán cinco pezas de diferentes estilos e autores: Faustino Rozalén, de X. Carlos Seráns; Alborada de Carril, de F. Landín; Aida (escea e gran marcha), de G. Verdi; e A voda de Luís Alonso, de G. Giménez.

Un blues á romanesa


Outra alternativa musical para mañá  xoves será a actuación do grupo romanés Nightlosers, acompañado pola representación mímica dos actores Mihai Baranga e Andreea Paduraru que traen a Santiago o espectáculo Flirt!, galardoado co Premio do Público no Festival Internacional de Teatro de Belgrado en 2007 e o de Mellor Actriz no Festival Internacional de Teatro de Finlandia.

O concerto, realizado en colaboración co Instituto Cultural Rumano, comezará á unha da madrugada. Nightlosers é unha banda etno-blues que destaca pola súa capacidade para atopar raíces comúns entre o seu país e o rock, blues e folk de Europa do Leste.

Cantan habitualmente en inglés, cun son moi clásico no que ao blues tradicional se refire, pero rapidamente se deixan influír pola tradición romanesa, cun gran protagonismo do violín e a viola, tocados polo guitarrista El Lako Jimy. Utilizan intsrumentos pouco habituais, como el "taragot" que eles mesmos describen como "kind of clarinet" polo seu decoñecemento no exterior, o cimbalon (un instrumento de orixe incerta: é unha especie de gran salterio, de corda e tocado con mazos).

Os  Nightlosers realizan moitas xiras por Canadá, Estados Unidos e a gran maioría por países europeos: Chequia, Alemaña, Inglaterra, Holanda, Portugal, ou Noruega, entre outros.

Compoñentes:
-Hanno Höfer :voz, guitarra, armónica
-Grunzo Geza: teclado
-Claudio "Nasu" Purcarin: batería
-Octavio "barril" Andreescu: baixo
-Lako Jimi: violín, guitarra, mandolina, banjo
-Eugene Aloisiu Pandrea: frunză