O matrimonio formado polos cantantes Elvis Costello e Diana Krall aterran mañá na Quintana nun concerto patrocinado polo Xacobeo [22:30 horas]

CRAZYPONYSActuarán por separado, aínda que non se descarta que interpreten algún tema conxuntamente

Os galegos CrazyPonys farán un tributo a Neil Young no Toural [mañá, ás 23:30 horas]

A agrupación Amen Gospel Choir protagonista esta noite na Quintana a partir das dez da noite


As Festas do Apóstolo continúan coa súa programación esta segunda semana de festas tras o Día Grande do Apóstolo, onde as rúas da cidade recibiron a milleiros de peregrinos e numeros visitantes que se entretiveron coa actuación dos galegos Milladoiro na Quintana e bailaron coa orquestra Charleston na Alameda.
Esta noite a música seguerá a soar na cidade cunha actuación de gospel na Quintana, a partir das 22:00 horas. A agrupación Amen Gospel Choir ofrecerá un recital de música negra, con himnos relixiosos e espirituais e temas tradicional e contemporáneos.

E de novo, ás 23:30 horas, poderase desfrutar cun espectáculo pirotécnico de luz e son desde o Obradoiro, para todas as persoas que queiran experimentar a sensación de ver o casco histórico de Compostela iluminado polos artificios, ou mesmo rememorar a gran noite do sábado-24.

Elvis Costello e Diana Krall xuntos por primeira vez en Galicia

Para a xornada de mañá martes o Xacobeo organiza un concerto de altura para as festas. Elvis Costello e Diana Krall protagonizarán un concerto de gran formato na Quintana. Será un concerto dobre deste matrimonio que por primeira vez actuará conxuntamente en Galicia.

Mañá sairá en primeiro lugar ao escenario Diana Krall e a continuación será a quenda de Elvis Costello, aínda que non se descarta unha actuación conxunta da parella para sorprender ao público. Krall presentará o seu duodécimo traballo, “Quiet Nights”, con temas relacionados cunha viaxe que a cantante realizou a Brasil. “Quiet Nights” é un álbum íntimo, sensual, seductor, mesmo erótico e con sons da bossa nova e do país carioca, ademais dunha declaración de amor pública ao seu marido. Pola súa parte, Costello trae a Galicia “Secret, profane & sugarcane”, o seu último disco, cheo de música acústica americana.  

A pianista e cantante canadiense de jazz e o músico, cantante e compositor británico forman unha parella de grandes artistas, como outras tan afamadas compostas por Paul e Linda McCartney, John Lennon e Yoko Ono, Mick Jagger e Marianne Faithfull. Este concerto non é o primeiro para ningún dos dous artistas en Galicia. Costello encheu o pavillón de As Travesas de Vigo en 2005 e Krall desbordou o Palacio da Ópera de A Coruña en 2008.

Pero esta non é a única cita musical prevista para mañá martes. No Toural, o grupo coruñés de Valdoviño, CrazyPonys, fará un tributo á música de Neil Young a partir das 23:30 horas. Finalmente, e un día máis, haberá espectáculo pirotécnico desde o Obradoiro ás once e media da noite.