A música negra do gospel protagonista da noite de mañá, coa agrupación Amen Gospel Choir desde ás dez da noite na Quintana

amen-gospel-choirOs galegos Milladoiro farán soar os seus instrumentos tradicionais esta noite [ás 22:00 horas na Quintana]

Novos espectáculos de luz e son cubrirán o ceo da cidade durante toda a semana

No Día do Apóstolo a Concellaría de Festas de Santiago preparou un programa con variedade de actividades. Pola mañá as autoridades oficiais asistiron á Procesión do Padroado do Apóstolo Santiago e a Ofrenda Nacional do Apóstolo na Catedral. A continuación, comezou toda a animación dos pasarrúas, cos cabezudos e gaiteiros.

 

Esta noite, ás 22:00 horas, a Quintana acolle o concerto do grupo galego Milladoiro. Fai parada na cidade dentro do Compostela Festival no día grande de Galicia coa presentación da xira conmemorativa dos 30 anos da publicación do seu primeiro disco, A Galicia de Maeloc (1979). Este foi o disco debut de Milladoiro no que deron a coñecer o seu estilo persoal e no que se empregou, por vez primeira, de forma conxunta a gaita galega, ocarina, zanfona, harpa, clavelín, frautas, etc.

Na Alameda haberá actuación da orquestra Charleston, mentres que no Toural, a partir das 24:00 horas, a S.E.M Big Band dará un concerto coas súas pezas musicais. A Big Band é unha orquestra galega de música moderna onde se abarcan moi diversos estilos: jazz, latin, fusión, etc. Levan a cabo unha labor de escritura de arreglos para intérpretes agrupados en seccións e pola versatilidade dos seus estilos está aberta a toda clase de público. A entrada para todas as actuacións musicais será gratuíta.

Esta noite o ceo de Compostela será de novo o protagonista cunha réplica de fogos artificiais, cun novo espectáculo de luz e son desde a praza do Obradoiro, desde as 23:30 horas.

Himnos relixiosos ao estilo estadounidense

A segunda semana das festas do Apóstolo arrincan mañá, luns-26 de xullo.  A xente que aínda garde forzas trala fin de semana grande poderá ver unha auténtica actuación de gospel na praza da Quintana ás 22:00 horas. A formación Amen Gospel Choir de Mississippi é unha das máis versátiles no campo da música gospel e no seu repertorio inclúese desde o máis tradicional ata o máis contemporáneo, pasando polos espirituais e os himnos.

Desde a súa creación en 1994 gozaron do recoñecemento do público no estado de Mississippi, o seu estado orixinario, e a nivel internacional.  Entre os seus discos máis coñecidos, destacan “Jesus is my Rock”, que gravaron xunto ao cantante Dorothy Norwood, “Draw me Nearer” ou “Swing Low”. Amen Gospel Choir actuou nas máis prestixiosas salas do mundo, desde o Carnegie Hall, o Apollo Theater e o Lincoln Center de Nueva York, ao Superdome de Los Ángeles. Con David Curry ao fronte, cofundador e director musical do lexendario Mississipi Mass Choir, presentan “A Tribute to Mahalia”, en honor á inmortal Mahalia Jackson.

De novo haberá un espectáculo da empresa Pirotecnia Caballer que aproveitará ás noites despexadas que se pronosticaron para toda a semana para ofrecer continuas explosións máxicas de luz e son.