A Quintana é o escenario escollido para mostrar a paixón de Carmen nun espectáculo da compañía de danza Aída Gómez

Carmen_da_Compaa_de_Ada_Gmez_1Esta noite, ás 23:00 horas, a Nova Galega de Danza tentará encandear ao público cunha combinación de tradición galega e modernidade

As festas do Apóstolo continúan hoxe coa actuación da compañía Nova Galega de Danza que representará sobre o escenario da Quintana, ás 23:00 horas, a obra Tradicción. Esta actividade cultural está patrocinada polo Xacobeo e conta coa colaboración da Concellaría de Festas de Santiago.

 

A posta en escea correrá a cargo de sete bailaríns e seis músicos que durante unha hora e cuarto darán corpo a doce temas tradicionais galegos como Alalá do Cebreiro, Muiñeira de Sofán, Alborada ou a Xota de Ribeira de Piquín. A obra significou un cambio cara unha danza contemporánea cun marcado carácter galego para a compañía.

Ademais, a partir das 20:30 horas a carpa de Espírito Latino volve abrirse no Paseo Central da Alameda para ofrecer música e bailes latinos ata as tres da madrugada. Esta tarde actuarán dous grupos de música latina, Cuba-Son e Café Brasil e a agrupación de baile Brasílica, composta por cinco bailarinas.

A gran obra maestra na Quintana, Carmen

Para mañá xoves, a programación inclúe un concerto da Banda Municipal de Música, ás 19:30 horas na rúa do Vilar. Intrepretarán cinco pezas musicais: Taragoña, Lakmé, A lenda do bico, O príncipe Igor e Brincadeira. De seguido, a Alameda volverá encherse por última vez de ritmos e bailes latinos na carpa Espírito Latino, nesta ocasión cunha exhibición de capoeira do grupo Nagó.

A gran cita chegará ás 22:30 horas na praza da Quintana co espectáculo Carmen de Bizet, da Compañía de Danza Española Aída Gómez.

Trama da obra

O ballet está baseado na novela de Prosper Merimée, obra que alzou á  fama ao compositor Georges Bizet. A acción desenvólvese en Sevilla a finais do século XIX. Carmen, a cigarreira da Real Fábrica de Tabacos, é a protagonista dunha historia de amor e desamor na que son partícipes Don José, cabo do Rexemento de Dragóns e o afamado toureiro Escamillo. A cigarreira seduce ao oficial para conseguir a súa liberación despois dunha lea, para máis tarde namorarse do matador, situación que conduce a Don José a tomar unha decisión tráxica.

Ficha Técnica

Dirección artística: Aída Gómez

Dirección de escena: Emilo Sagi

Coreografía: Aída Gómez

Dirección Musical: José A. Rodríguez

Música: José A. Rodríguez (Música Orixinal) e G Bizet.

Protagonistas:

“CARMEN”: Aída Gómez

“DON JOSÉ”: José Huertas

“ESCAMILLO”: Christian Lozano