O Consorcio de Santiago destinará este ano 1.041.371,69 euros a rehabilitar e restaurar monumentos e edificios emblemáticos da cidade

Intervirase en inmobles como o Teatro Principal, na escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego ou na sede da Fundación Torrente Ballester

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados destaca a aprobación de novas actuacións dentro do Programa de Monumentos do Consorcio, para o que este ano se destinará unha partida global de 1.041.371,69 euros.

Ler máis: O Consorcio de Santiago destinará este ano 1.041.371,69 euros a rehabilitar e restaurar monumentos...

Abe Rábade presentou esta mañá a obra que compuxo para a Real Filharmonía de Galicia e que se estreará este xoves en Santiago e o venres en Ourense, interpretada polo trío que lidera

O músico galego manifestou que a fusión do jazz coa música clásica representa “un proxecto único en toda Europa” 

O director titular da RFG, Paul Daniel, salientou que “a evolución dunha orquestra clásica pasa por abrirse a outros estilos”

O afamado pianista e compositor compostelán de jazz Abe Rábade compuxo unha obra para a Real Filharmonía de Galicia. A peza estrearase esta semana, interpretada polo trío que lidera o músico nun concerto coa RFG. Será o xoves día 30, coincidindo co Día Internacional do Jazz, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Ademais, a orquestra desprazarase o venres a Ourense, onde actuará de novo xunto a Abe Rábade Trío na Praza de Santa Eufemia, ás 22:00 horas, no marco do XIX Festival de Jazz de Primavera. En ámbalas citas levará a batuta o director titular da RFG, Paul Daniel.

Ler máis: Abe Rábade presentou esta mañá a obra que compuxo para a Real Filharmonía de Galicia e que se...

Monicreques de entre 2 e 4 metros de altura protagonizan unha innovadora versión de Romeo e Xulieta acompañados da Real Filharmonía de Galicia

A orquestra ofrece esta semana dous concertos didácticos para colexios, o xoves e o venres, e un para familias o sábado na Cidade da Cultura

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de primaria e secundaria no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O primeiro será o xoves día 23, ás 11:00 horas; e o segundo o venres 24, tamén ás 11:00 horas. Ademais, o sábado 25, ás 19:00 horas, a orquestra ofrecerá a mesma actuación, nesta ocasión dirixida ao público familiar na Cidade da Cultura, no Museo Centro Gaiás. A batuta destes concertos levaraa o mestre romanés Mihnea Ignat, director titular e artístico da Orquestra Filarmónica da Universidade de Alacante.

Ler máis: Monicreques de entre 2 e 4 metros de altura protagonizan unha innovadora versión de Romeo e...

O Consorcio de Santiago conmemora o Día Internacional do Libro coa entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido o xoves

O organismo regalará libros tanto aos adultos como ao público infantil e xuvenil

O vindeiro xoves, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro. Con motivo desta conmemoración, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido ao longo da xornada, tanto adultos como ao público infantil e xuvenil.

Ler máis: O Consorcio de Santiago conmemora o Día Internacional do Libro coa entrega de publicacións a todas...

O contrabaixo catalán Damián Arenas, músico da Orquestra Sinfónica de RTVE, formará neste instrumento a intérpretes galegos

A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece 5 prazas destinadas a músicos novos

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana o recoñecido músico catalán Damián Arenas formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co contrabaixo.

Ler máis: O contrabaixo catalán Damián Arenas, músico da Orquestra Sinfónica de RTVE, formará neste...