O músico Pascual Martínez, segundo clarinete da Orquestra Filarmónica da Nova York, formará neste instrumento a intérpretes galegos

A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece 7 prazas destinadas a músicos novos

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana o recoñecido clarinetista mallorquino Pascual Martínez-Forteza formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co clarinete.

Ler máis: O músico Pascual Martínez, segundo clarinete da Orquestra Filarmónica da Nova York, formará neste...

A Real Filharmonía de Galicia interpreta este luns tres sinfonías de Haydn para o público de Vigo

A batuta levaraa o violinista principal da orquestra, James Dahlgren, que leva case unha década tocando coa RFG

A Real Filharmonía de Galicia desprazarase a vindeira semana a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación da cidade. A cita terá lugar o luns, 11 de maio, ás 20:30 horas. A batuta levaraa o violinista principal da RFG, James Dahlgren.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia interpreta este luns tres sinfonías de Haydn para o público de Vigo

O Consorcio de Santiago saca a concurso o remate das obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en España

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 26 de maio

O Consorcio de Santiago licita o remate das obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en España, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. A obra sae a concurso por un importe de 1.213.918,51 euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 26 de maio. 

Ler máis: O Consorcio de Santiago saca a concurso o remate das obras do primeiro Centro Nacional de...

A soprano estadounidense Heidi Melton, considerada como a grande intérprete actual do repertorio de Wagner, canta esta semana coa Real Filharmonía de Galicia

A orquestra actuará o xoves en Vigo e o venres en Santiago 

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves a orquestra desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación da cidade, ás 20:30 horas. E o venres tocará en Santiago, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director titular da orquestra, Paul Daniel.

As dúas actuacións comezarán coa obra Wesendonck Lieder, do compositor romántico alemán Richard Wagner (1813-1883). En 1849 Wagner estivo implicado nun levantamento en Dresde e, perseguido pola lei, fuxiu a Suíza e instalouse en Zúric. Agobiado polas débedas, acepta o mecenado do rico comerciante Otto Wesendonck, quen lle presta diñeiro a cambio das futuras ganancias das súas óperas. O mecenas estaba casado con Mathilde Luckemeyer e parece que, dende o seu primeiro encontro, Wagner e Mathilde sentiron unha grande atracción. Inspirouse nela para compoñer estas cinco cancións que reflicten o amor imposible e o desexo insatisfeito.

Ler máis: A soprano estadounidense Heidi Melton, considerada como a grande intérprete actual do repertorio...

A Real Filharmonía de Galicia retransmitirá en directo por internet a estrea da obra do pianista e compositor galego Abe Rábade

É unha experiencia pouco habitual, na que se fusionará o jazz e a música orquestral coincidindo co Día Internacional do Jazz

Será mañá xoves en Santiago e o venres a orquestra acompañará a Abe Rábade Trío no Festival de Jazz de Primavera de Ourense 

A Real Filharmonía de Galicia estrea unha obra do pianista e compositor galego de jazz Abe Rábade. Será mañá xoves, coincidindo co Día Internacional do Jazz, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. A obra retransmitirase en directo por internet vía streaming, a través da páxina web da RFG (www.rfgalicia.org). Antes da actuación, ás 20:15 horas, o músico manterá un encontro previo co público asistente. A orquestra desprazarase o venres a Ourense, onde actuará xunto a Abe Rábade Trío no Auditorio Municipal da cidade, ás 22:00 horas, no marco do XIX Festival de Jazz de Primavera. En ámbalas citas levará a batuta o director titular da RFG, Paul Daniel.

Ler máis: A Real Filharmonía de Galicia retransmitirá en directo por internet a estrea da obra do pianista e...