O obradoiro sobre planificación de uso público de espazos patrimoniais congrega mañá a 25 profesionais da arquitectura, medio ambiente e turismo

Organizado polo Consorcio e Turismo de Santiago, celebrarase durante todo o sábado na Fundación Torrente Ballester baixo a dirección dos expertos Jon Kohl e Fernando Ramos

“Planificación de uso público para Sitios Patrimonio Mundial en tempos de crise” é o título do obradoiro que se celebra mañá sábado durante toda a xornada na sede da Fundación Torrente Ballester, en Santiago de Compostela, e no que participarán 25 profesionais da arquitectura, medio ambiente e turismo. Organizado polo Consorcio de Santiago e Turismo de Santiago, o obradoiro desenvolverase entre as 9:30 e as 14:00 horas pola mañá e entre as 16:00 e as 20:00 horas pola tarde, usándose a cidade portuguesa de Évora como caso de estudo. 

Ler máis: O obradoiro sobre planificación de uso público de espazos patrimoniais congrega mañá a 25...

O principal violinista da Orquestra da Ópera Alemá de Berlín impartirá clases a músicos galegos

A EAEM ofrece seis prazas para que intérpretes novos teñan a oportunidade de mellorar a súa formación co violín

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A principios do mes de abril o afamado violinista polaco Tomasz Tomaszewski transmitirá os seus coñecementos sobre este instrumento. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense seis prazas para músicos externos ao centro. 

Ler máis: O principal violinista da Orquestra da Ópera Alemá de Berlín impartirá clases a músicos galegos

Ros Marbà dirige esta semana la Real Filharmonía de Galicia, que interpretará a Mozart y Mendelssohn

La orquesta estará acompañada por el dúo de pianistas malagueños Víctor y Luis del Valle, considerado uno de los más sobresalientes de toda Europa

El jueves, concierto en Santiago y el viernes en Pontevedra

La Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dos conciertos. El primero, en Santiago de Compostela, el jueves a las 21:00 horas en el Auditorio de Galicia. Y el viernes, a las 20:30 horas, en el Centro Sociocultural Novacaixagalicia de Pontevedra. En ambas citas la orquesta estará dirigida por el maestro catalán Antoni Ros Marbà. Además, en el recital de Santiago estará acompañada al piano por el dúo de hermanos malagueños Víctor y Luis del Valle, reconocido como una de las jóvenes agrupaciones camerísticas más sobresalientes de Europa.

Ler máis: Ros Marbà dirige esta semana la Real Filharmonía de Galicia, que interpretará a Mozart y Mendelssohn

Un libro recolle a historia urbana de Compostela ao longo do XIX, un século de grandes progresos para a cidade como a iluminación pública, a rede de sumidoiros ou o ferrocarril

A publicación, coeditada polo Consorcio e Teófilo Edicións, é o resultado das investigacións do historiador Andrés Rosende Valdés

O alcalde de Santiago presenta o libro esta tarde no Museo das Peregrinacións

O Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións acaban de publicar Compostela 1780-1907: una aproximación a la ciudad decimonónica, de Andrés Rosende Valdés, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago. Esta tarde, o alcalde de Santiago, Ángel Currás, presentará a publicación no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías), ás 19:00 h. O libro recolle a historia urbana de Compostela ao longo do século XIX.

Ler máis: Un libro recolle a historia urbana de Compostela ao longo do XIX, un século de grandes progresos...

Ábrese o prazo para inscribirse no curso de posgrao de especialización instrumental, que permite aos alumnos formarse coa Real Filharmonía de Galicia

É un título propio da Universidade de Santiago que se imparte na Escola de Altos Estudos Musicais

Os alumnos, un total de 18, recibirán unha bolsa de 300 euros ao mes

Acaba de abrirse o prazo de inscrición para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2014-2015. Impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.

Ler máis: Ábrese o prazo para inscribirse no curso de posgrao de especialización instrumental, que permite...