Un total de 81 rapaces aspiran a acceder ao curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais

Terán que pasar unhas probas de selección, que se celebrarán a finais da vindeira semana

Son estudantes de música que buscan perfeccionarse en violín, viola, violoncello, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2015-2016. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que buscan perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

Un total de 80 rapaces presentación a súa solicitude para poder acceder a este curso. As probas de selección das diferentes especialidades terán lugar os días 25, 26 e 27 de xuño na sede da Escola de Altos Estudos Musicais. O centro disporá de pianistas acompañantes para quen o solicitara no boletín de inscrición. Aqueles candidatos que non consigan praza pasarán a integrar unha lista de espera. 

O curso académico comeza no mes de outubro de 2015 e remata en xuño de 2016. A través desta iniciativa formativa búscase o perfeccionamento instrumental da especialidade elixida, cun total de 15 horas de clase individual repartidas ao longo do curso. Ademais, durante o ano organizaranse diferentes actividades de práctica de conxunto, co que os participantes terán a oportunidade de ofrecer concertos públicos. Os alumnos recibirán un diploma acreditativo dos seus estudos.