Máis de cen voces acompañarán á Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel, na interpretación dunha selección de fragmentos de O Mesías de Haendel

A Capela Compostelana e outros coros e intérpretes individuais conforman este amplo elenco vocal e popular dirixido por Miro Moreira

Os que queiran participar deben anotarse no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e acudir ás probas de admisión, que se celebrarán o sábado 30 no Auditorio ás catro da tarde

A Real Filharmonía de Galicia (RFG), dirixida por Paul Daniel, a Capela Compostelana, dirixida por Miro Moreira, preparan conxuntamente para o Nadal unha selección dos fragmentos máis coñecidos de O Mesías de Georg Friedrich Haendel, que durará aproximadamente unha hora. Este fito musical mantén aberta a convocatoria a coros e persoas a título individual ou colectivos que desexen participar, en cuxo caso deben poñerse en contacto a través do seguinte enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Os interesados deben acudir ao Auditorio de Galicia (sala Mozart) o sábado 30 de novembro, ás 16 horas, para participar nas probas de admisión.

Trátase dunha experiencia singular que vai permitir que os afeccionados ao canto participen nun proxecto cultural complexo xunto a unha orquestra profesional. O Consorcio de Santiago busca con este tipo de actividades “achegarse cada vez máis aos cidadáns en xeral e aos afeccionados á música en particular, procurando experiencias e emocións novas”. Non é a primeira vez que a orquestra organiza un concerto destas características xa que, en 2010 coa colaboración da Fundación La Caixa, a RFG fixo xunto con outros coros afeccionados a Misa da Coroación de Mozart.

Miro Moreira, director da Capela Compostelana e responsable da parte coral do evento, indica que virán un coro de nenos do colexio Pío XII, estudantes da facultada de Ciencias da Educación, un coro de Urdilde e xente do Orfeón Terra A Nosa, entre outros: “Non é nada doado facer isto, porque hai que encaixar as voces segundo os coñecementos e posibilidades da cada un, pero é unha experiencia que adoita resultar ben. Ademais temos que promocionar o canto coral, que é do que se trata”.