O Colexio de Psicoloxía de Galicia reivindica a funcionarización dos psicólogos e psicólogas dos Servizos Sociais da Xunta de Galicia
- Detalles
- Categoría: Colexio de Psicoloxía de Galicia
- Published: Domingo, 24 Abril 2011 23:00
- Escrito por Azucena
- Visitas: 1007
Consideran que a súa situación laboral é precaria, ao non teren posibilidades de promoción
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reivindica que os psicólogos e psicólogas que traballan nos Servizos Sociais da Xunta poidan ser funcionarios/as. Súmanse así á petición do resto dos/as técnicos/as que exercen neste ámbito da Administración autonómica, que non teñen posibilidades de promocionar debido á súa condición de persoal laboral. Non poden aspirar a postos como o de inspección ou acceder a xefaturas de servizos, dos que son especialistas, e que ocupan funcionarios/as da escala xeral.