O Colexio de Podólogos de Galicia denuncia a práctica de probas da pisada en establecementos de material deportivo

pronasupinadorEstes exames poden resultar prexudiciais para a saúde da poboación

Estudos universitarios afirman que os aparatos para diagnóstico podolóxico só deben ser empregados por persoal sanitario

Informes realizados polas Universidades de Barcelona, Sevilla e Extremadura sobre a realización de estudos da pisada en establecementos de material deportivo demostran que o podólogo é o único profesional sanitario cualificado para desenvolver as “probas da pisada” ou biomecánicas. Así o pon de manifesto o Colexio de Podólogos de Galicia ante a afluencia nos últimos tempos deste tipo de prácticas en grandes superficies deportivas para diagnosticar un pé pronador ou supinador.

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia denuncia a práctica de probas da pisada en establecementos de...

Podólogos galegos asistirán aos atletas do maratón Coruña21, que se celebrará o domingo

maraton21O Colexio de Podólogos indica que neste tipo de carreiras as complicacións máis frecuentes son as ampolas, rozaduras e hematomas

O Colexio de Podólogos de Galicia colabora no V Medio Maratón Coruña21 que se celebra este domingo 24 de febreiro na cidade da Coruña, unha proba que servirá de anticipo do Campionato de España de Maratón que terá lugar polas rúas da cidade o 21 de abril. Un equipo de podólogos procedentes de toda Galicia integrarán o dispositivo de profesionais sanitarios que asistirá aos participantes durante e despois da carreira nunha carpa que se habilitará nas inmediacións da meta.

Ler máis: Podólogos galegos asistirán aos atletas do maratón Coruña21, que se celebrará o domingo

O Colexio de Podólogos de Galicia traballa conxuntamente con médicos, odontólogos e farmacéuticos para aplicar a receita médica privada, que entrou onte en vigor

podologia2Explican que este novo modelo evitará falsificacións a través dun código de barras, aportando seguridade a profesionais e pacientes

A nova receita médica privada para podólogos, médicos e odontólogos no ámbito da sanidade privada entrou onte en vigor, regulada segundo o Real Decreto 1718/2010 sobre Receita médica e Ordes de dispensación, aínda que pendente dunha orde ministerial de Sanidad para o seu desenvolvemento. O obxecto deste novo método é deter o intrusismo laboral e a falsificación das prescricións médicas, aportando unha maior seguridade aos pacientes e loitando contra a erradicación e identifciación dos falsos profesionais médicos.

 

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia traballa conxuntamente con médicos, odontólogos e farmacéuticos...

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella escoller e coidar as botas de esquí para evitar lesións nos pés

botaesquOs expertos recomendan probar as botas durante vinte minutos antes de mercalas para comprobar a súa comodidade

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece unhas indicacións básicas para usar corretamente as botas de esquí e evitar lesións nos pés. As botas de esquí son complexas e, cando se levan postas, os pés non cumpren as súas funcións morfolóxicas e técnicas habituais. Os podólogos galegos aconsellan escoller e coidar o material de esquí para que os pés non sufran lesións.

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella escoller e coidar as botas de esquí para evitar...

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella o uso de zapatillas deportivas “apropiadas” para camiñar

caminarRecomendan realizar un estudo previo da marcha e a pisada para facer deporte

A maioría das persoas queren perden eses quilos gañados, a modo de propósito de ano novo, tralos excesos gastronómicos das festas do Nadal. Na actualidade, esténdese a moda, pouco saludable e perigosa, das dietas milagro, cando a solución máis lóxica e a recomendada polos médicos é seguir unha correta alimentación e facer exercicio físico ou mesmo camiñar diariamente.

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella o uso de zapatillas deportivas “apropiadas” para camiñar