Podólogos procedentes de toda Galicia formarán parte do dispositivo médico do primeiro maratón galego, que se celebra este domingo na Coruña

maratonO Colexio de Podólogos alerta da situación irregular que supón que tendas de deporte fagan diagnósticos de “pronador” e “supinador”, cos consecuentes riscos para os afectados

O Colexio Oficial de Podólogos de Galicia colabora no primeiro maratón galego, que se celebra este domingo na cidade da Coruña. Formarán parte do dispositivo médico da proba, para o que se habilitará unha carpa nas inmediacións da meta. Un total de vinte profesionais procedentes de toda Galicia integrarán o equipo de podólogos que asistirá aos participantes que o precisen tanto durante como despois da carreira. Dende o Colexio informan de que os estudantes desta especialidade tamén poderán acudir para coñecer de preto como traballan os profesionais neste tipo de situacións.

Ler máis: Podólogos procedentes de toda Galicia formarán parte do dispositivo médico do primeiro maratón...

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda practicar exercicio físico, hixiene diaria e calzado apropiado para un correcto coidado dos pés

Sinala que coa atención debida previranse, ademais, problemas de xeonllos, cadeiras e costas

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda coidados básicos e calzado axeitado para camiñar, xa que a chegada da primavera e as vacacións de Semana Santa, con días máis longos, supón a saída ao monte de moitos sendeiristas e camiñantes que se lanzan a facer as rutas xacobeas.

 

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda practicar exercicio físico, hixiene diaria e calzado...