- Detalles
-
Categoría: Colexio de Podólogos
-
Published: Venres, 25 Mai 2012 12:11
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 621
O Colexio de Podólogos aconsella non estrear zapatillas deportivas o día da competición para evitar posibles lesións
O Colexio Oficial de Podólogos de Galicia colabora no IV Medio Maratón A Coruña21, que se celebra este domingo na cidade da Coruña. Formarán parte do dispositivo médico da proba, para o que se habilitará unha carpa nas inmediacións da meta. Un total de dez profesionais procedentes de toda Galicia integrarán o equipo de podólogos que asistirá aos participantes que o precisen tanto durante como despois da carreira.
Ler máis: Dez podólogos galegos asistirán aos atletas do IV Medio Maratón A Coruña21, que se celebra este...
- Detalles
-
Categoría: Colexio de Podólogos
-
Published: Venres, 18 Mai 2012 12:04
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 623
Abordaranse a importancia da prevención, as recomendacións básicas, as patoloxías máis frecuentes e a necesidade da revisión podolóxica
O coloquio celebrarase ás 18:00 horas no Centro cívico municipal Castro de Elviña
O Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA) organiza o próximo luns, 21 de maio, unha xornada informativa sobre o coidado axeitado dos pés, en colaboración co Concello da Coruña. A charla celebrarase ás 18:00 horas no centro cívico municipal Castro de Elviña da Coruña (rúa O Catecismo, 5) e estará impartida polá podóloga María Fungueiriño, acompañada pola secretaria do Colexio de Podólogos de Galicia, Montserrat Martínez.
Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia imparte o luns na Coruña unha charla informativa sobre o coidado...