O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece asistencia profesional na Carreira Pedestre Popular de Santiago

carreraUn grupo de dez podólogos asistirán aos atletas nun punto sanitario situado na praza do Obradoiro

Borja Pérez, voceiro do Colexio de Podólogos:

“Neste tipo de probas as complicacións máis frecuentes son a aparición de ampolas, rozaduras e mesmo hematomas debaixo das unllas”

O Colexio de Podólogos de Galicia colabora coa Carreira Pedestre Popular de Santiago, unha proba organizada por El Correo Gallego que se celebra este domingo, 28 de outubro. Un grupo de dez podólogos, procedentes de toda Galicia, formarán parte do dispositivo podolóxico da proba que asistirá aos atletas que o precisen tanto durante como despois da carreira, para o que se habilitará unha carpa na praza do Obradoiro.

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece asistencia profesional na Carreira Pedestre Popular de...

O Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá en Santiago un seminario sobre a elaboración de dispositivos ortésicos para protexer os pés de patoloxías

ortesisO curso impartirase na sede colexial de 9:00 a 21:00 horas

O Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá sábado, 20 de outubro, un seminario internacional de ortesioloxía a medida para a patoloxía do antepé ao que asistirán vintecinco podólogos galegos. O curso, que conta coa colaboración do laboratorio Herbitas,  comezará ás 9:00 horas na sede colexial de Santiago (avenida Quiroga Palacios, 65) e finalizará ás 21:00 horas.

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá en Santiago un seminario sobre a elaboración de...

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella un coidado regular dos pés na infancia para minimizar as complicacións podolóxicas

pie_bebeO calzado dos máis pequenos debe ser amplo para permitir liberdade de movementos

Os especialistas suxiren facer revisións periódicas para controlar a evolución dos pés e as posibles alteracións da marcha

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece unha serie de recomendacións aos pais neste inicio do curso escolar para que vixilen o camiñar dos seus fillos e poidan protexer o futuro dos seus pés. Segundo os podólogos galegos, a forma do calzado dos nenos e nenas debe ser ampla, permitindo “maior liberdade de movementos e unha correta articulación das dedas”.

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella un coidado regular dos pés na infancia para minimizar...

O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece asistencia profesional no VI Maratón A Coruña10, que se celebra este domingo na cidade herculina

maraton10Os podólogos galegos aconsellan non estrear zapatillas deportivas o día da competición para evitar posibles lesións

O Colexio de Podólogos de Galicia colabora no VI Maratón A Coruña10, que se celebra este domingo, 7 de outubro, na cidade da Coruña. Formarán parte do dispositivo médico da proba, para o que se habilitará unha carpa nas inmediacións da meta. Un grupo de profesionais procedentes de toda Galicia integrarán o equipo de podólogos que asistirá aos atletas que o precisen tanto durante como despois da carreira.

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia ofrece asistencia profesional no VI Maratón A Coruña10, que se...

Os pés deben protexerse do sol con protector varias veces ao día para evitar queimaduras

pies_y_solBorja Pérez, voceiro do Colexio de Podólogos:

“Andar pola area húmida da praia é bo para potenciar a musculatura dos pés, favorecer a circulación e eliminar lixeiramente as durezas”

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda aos veraneantes extremar o coidado dos pés no verán, protexéndoos do sol, ao igual que o resto do corpo, cando se está na praia ou nunha piscina aplicando protector solar no dorso varias veces ao día. Os podólogos galegos aconsellan ter coidado ao camiñar descalzos pola praia, á beira do río ou nas piscinas. “Andar pola area húmida da praia é bo para potenciar a musculatura dos pés, favorecer a circulación e eliminar lixeiramente as durezas; pero por outras zonas sería conveniente camiñar cun calzado de protección para evitar feridas ao rozar coas rochas ou ao picarse coas púas dun ourizo” –destaca o voceiro do Colexio galego, Borja Pérez–.

Ler máis: Os pés deben protexerse do sol con protector varias veces ao día para evitar queimaduras