O Colexio de Podólogos organiza mañá unha xornada sobre biomecánica para diagnosticar problemas dos pés cunha plataforma de presións

Miguel_Blancompartirase en Santiago entre as 10:00 e as 14:00 horas

O Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá sábado, 15 de decembro, un curso sobre biomecánica aplicada: interpretación clínica no análise da marcha computarizada ao que asistirán corenta podólogos galegos. O curso, que conta coa colaboración do laboratorio Herbitas, comezará ás 10:00 horas na sede colexial de Santiago (avenida Quiroga Palacios, 65) e finalizará ás 14:00 horas, momento no que os asistentes compartirán un xantar de Nadal. O encargado de impartir o curso será o podólogo Miguel Blanco, especialista en patomecánica do pé e os seus tratamentos ortopodolóxicos.

Ler máis: O Colexio de Podólogos organiza mañá unha xornada sobre biomecánica para diagnosticar problemas...

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella abrigar e hidratar os pés para evitar a aparición de sabañós no inverno

SabaonesBorja Pérez, voceiro do Colexio de Podólogos:

“É fundamental que nos meses de frío os maiores se instalen en habitacións caldeadas e usen calcetíns de fribras naturais que manteñan a calor”

Recomendan o uso de zapatillas pechadas que suxeiten o pé para andar pola casa

No inverno o frío e as baixas temperaturas son as protagonistas, que soen chegar acompañadas de chuvia, néboa e humidade. Estas condicións meteorolóxicas tan comúns en Galicia fan que os pés se resintan. O Colexio de Podólogos de Galicia indica que nesta estación do ano os pés tenden a enroibarse e precisan de abrigo para aumentar a súa temperatura.

 

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella abrigar e hidratar os pés para evitar a aparición de...

O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda un coidado diario dos pés do paciente diabético para evitar lesións e úlceras

piediabticoAconsellan aos diabéticos levar unha vida sa, cun consumo controlado de alcohol, sen tabaco e practicando deporte

Así o manifestan no Día Mundial da Diabetes (mércores-14 de novembro)

O Colexio de Podólogos de Galicia quere alertar ás persoas diabéticas sobre o coidado diario dos seus pés no Día Mundial da Diabetes, que se celebrará mañá mércores, 14 de novembro. O Colexio de Podólogos de Galicia define o pé diabético como a infección e destrución de tecidos profundos, asociado con alteracións neurolóxicas e varios graos de enfermidade vascular periférica desta extremidade inferior. Unha das complicacións máis frecuentes da diabetes é a súa afectación aos nervios e ás arterias. Isto ten unha especial repercusión nos pés, xa que aumenta a frecuencia de erosións, cortes e mesmo queimaduras que, de non levar un tratamento axeitado, é probable que se convertan en úlceras que poden acabar en amputación.

 

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda un coidado diario dos pés do paciente diabético para...

O Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá en Santiago un taller de cirurxía podolóxica

cirugaO curso impartirase na sede colexial de 9:30 a 20:00 horas

O Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá sábado, 17 de novembre, un taller de técnicas básicas en cirurxía podolóxica e actualización en onicomicosis ao que asistirán vintecinco podólogos galegos. O curso, que conta coa colaboración dos laboratorios Medea e Ony-Tec, comezará ás 9:30 horas na sede colexial de Santiago (avenida Quiroga Palacios, 65) e finalizará ás 20:00 horas.

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá en Santiago un taller de cirurxía podolóxica

O Colexio de Podólogos de Galicia valora de xeito “moi positivo” a súa colaboración profesional coa Carreira Pedestre de Santiago

pedestreRozaduras, ampolas e unllas laceradas foron as principais alteracións que se trataron na carpa atendida por unha decena de profesionais sanitarios do pé

O Colexio de Podólogos de Galicia fai un balance “moi positivo” da súa colaboración coa Carreira Pedestre Popular de Santiago, celebrada onte e organizada polo Grupo Correo Gallego. Unha decena de profesionais atenderon na carpa do Obradoiro a numerosos participantes que se queixaban sobre todo de “rozaduras, ampolas e mesmo unllas laceradas”. O voceiro do Colexio, Borja Pérez Serrano, sinala que o pé é a parte do corpo que máis estrés sofre neste tipo de actividades deportivas, polo que a prevención –teima– é crucial, xa que a miúdo pequenas alteracións estruturais do aparato locomotor poden provocar lesións, mesmo ata chegar a facérense crónicas. Y recomenda acudir ao podólogo, por ser o profesional sanitario formado especificamente na patoloxía do pé, “tanto para previr como para curar”.

Ler máis: O Colexio de Podólogos de Galicia valora de xeito “moi positivo” a súa colaboración profesional...