O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella o uso de zapatillas deportivas “apropiadas” para camiñar

caminarRecomendan realizar un estudo previo da marcha e a pisada para facer deporte

A maioría das persoas queren perden eses quilos gañados, a modo de propósito de ano novo, tralos excesos gastronómicos das festas do Nadal. Na actualidade, esténdese a moda, pouco saludable e perigosa, das dietas milagro, cando a solución máis lóxica e a recomendada polos médicos é seguir unha correta alimentación e facer exercicio físico ou mesmo camiñar diariamente.

Camiñar é unha solución fácil e barata para adelgazar e manterse en forma. Neste punto, o Colexio de Podólogos de Galicia aconsella a todos os camiñantes o uso de zapatillas deportivas apropiadas, xa estreadas pero en bo estado. Para atopar o tipo de zapatilla axeitada ao pé, os podólogos galegos recomendan realizar un estudo biomecánico e da pisada nas clínicas podolóxicas co obxecto de “detectar factores de risco no pé, comprobar o estado xeral e evitar lesións nos membros inferiores”. Ademais, lembran que ao iniciar unha camiñata é bo levar apósitos para evitar problemas como as chagas.

O zapato ideal é aquel que se adapta ao pé protexéndoo, suxeitándoo e que permita a total mobilidade deste, sen interceder no movemento natural ao camiñar. Algunhas cuestións que se deben ter en conta á hora de elixir calzado, segundo a entidade colexial, son as seguintes:

  • Mercar calzados anchos, cómodos e flexibles, que non fagan presión e onde as dedas se poidan mover. Non debemos mercar zapatos agardando que vaian ceder.
  • Débense mercar a última hora da tarde, cando o pé alcanza o máximo volume e está máis dilatado. Ademais, así non haberá problemas nin equivocacións co número de calzado.
  • Elexir zapatos que permitan a transpiración para manter os pés limpos e secos.
  • Revisar o calzado coas mans, comprobar que non teña costuras prominentes e intentar non levar moito tacón (2-4 cm) e alternar diferentes pares de zapatos para non usar os mesmos durante moito tempo.

O mellor calzado para correr

Para as persoas máis enérxicas o feito de camiñar pode supoñer un pequeno esforzo e ao mellor apostar por facer footing ou mesmo correr tramos curtos. Segundo o Colexio de Podólogos de Galicia para correr tamén é moi importante a elección do calzado deportivo que debe ser axeitado para o corredor co fin de evitar lesións derivadas dun calzado inapropiado.

Se ben é frecuente que os deportistas profesionais teñan conciencia das características que debe reunir a zapatilla, un corredor inexperto soe utilizar calzado de sola ríxida que non proporciona a suficiente amortiguación provocando roces e ampolas, ou dolor de pés por sobrecarga.

Existen distintos tipos de calzados para as diferentes superficies polas que se corre, pero para un corredor de estrada principalmente, a amortiguación é moi importante e cando o zapato non a proporciona non só se producen roces e ampolas, senón que os impactos que recibe o pé son transmitidos de maneira ascendente repercutindo en xeonllos, cadeiras e na espalda. Do mesmo xeito, o Colexio de Podólogos de Galicia tampouco recomenda usar zapatillas deportivas de vestir, por exemplo as bambas, xa que non proporcionan a suficiente estabilidade, chegando a provocar esguinces de nocelo ou outro tipo de lesións musculares.

O Colexio de Podólogos de Galicia aconsella acudir a un profesinal para comprobar que os pés se atopan nas mellores condicións posibles para camiñar.