O Colexio de Podólogos organiza mañá unha xornada sobre biomecánica para diagnosticar problemas dos pés cunha plataforma de presións
- Detalles
- Categoría: Colexio de Podólogos
- Published: Venres, 14 Decembro 2012 12:05
- Visitas: 643
mpartirase en Santiago entre as 10:00 e as 14:00 horas
O Colexio de Podólogos de Galicia organiza mañá sábado, 15 de decembro, un curso sobre biomecánica aplicada: interpretación clínica no análise da marcha computarizada ao que asistirán corenta podólogos galegos. O curso, que conta coa colaboración do laboratorio Herbitas, comezará ás 10:00 horas na sede colexial de Santiago (avenida Quiroga Palacios, 65) e finalizará ás 14:00 horas, momento no que os asistentes compartirán un xantar de Nadal. O encargado de impartir o curso será o podólogo Miguel Blanco, especialista en patomecánica do pé e os seus tratamentos ortopodolóxicos.
Este curso estrutúrase en dúas partes, unha centrada nos aspectos teóricos da biomecánica e unha segunda que atende aos puntos prácticos centrada no uso dunha plataforma de presións que os alumnos aprenderán a manexar e interpretar os seus datos. No apartado de estudo, Miguel Blanco exporá as novas teorías biomecánicas que se utilizan para explicar o diagnóstico de patoloxías e tratamentos para o pé. “Camiñar mal pode producir dores de espalda, lesións musculares, artrose en cadeiras, xeonllos ou nocellos” –apunta o podólogo–. A biomecánica é unha especialidade da podoloxía baseada en diagnosticar e tratar os problemas dos pés e membros inferiores, estudando os fenómenos, modelos e leis que afectan ao movemento aplicando a física e a enxeñería ao corpo humano para “entender como se move e predicir cando se vai producir unha lesión e como enfrontala unha vez que xa apareceu”.O experto continuará explicando aos alumnos os conceptos básicos de biomecánica, como as propiedades físicas dos materiais das plantillas, o comportamento dos tecidos do corpo sometidos a moito estrés a causa da elasticidade, plasticidade, forzas, vectores ou momentos. “É imprescindible coñecer ben a biomecánica do membro inferior para que as plantillas que fagamos poidan modificar a forma de camiñar e correr, sendo moito máis efectivas. Ademais gran parte do éxito ou fracaso da cirurxía do pé baséase en ter ou non estes coñecementos. Tamén hai lesións da pel e unllas que se producen pola forma de camiñar e soen confundirse con outras lesións –indica Miguel Blanco–.
A sesión práctica do curso basearase na baropodometría computarizada, unha ferramenta de diagnóstico que calcula a presión do pé a través dunha plataforma de presións axudando ao podólogo a elexir o tratamento máis axeitado para o paciente. Este sistema permite ver mediante unha escala de cores e unhas liñas de progresión a pisada dos pés, detectando zonas de hiperpresión e movementos do centro de presións que indican bloqueos articulares ou musculares tanto no pé como na perna e membros inferiores.