O Colexio de Podólogos de Galicia imparte o luns na Coruña unha charla informativa sobre o coidado dos pés

piesAbordaranse a importancia da prevención, as recomendacións básicas, as patoloxías máis frecuentes e a necesidade da revisión podolóxica

O coloquio celebrarase ás 18:00 horas no Centro cívico municipal Castro de Elviña

O Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA) organiza o próximo luns, 21 de maio, unha xornada informativa sobre o coidado axeitado dos pés, en colaboración co Concello da Coruña. A charla celebrarase ás 18:00 horas no centro cívico municipal Castro de Elviña da Coruña (rúa O Catecismo, 5) e estará impartida polá podóloga María Fungueiriño, acompañada pola secretaria do Colexio de Podólogos de Galicia, Montserrat Martínez.

O coloquio centrarase no papel dun coidado axeitado dos pés na saúde, para mellorar a información da cidadanía sobre as doenzas podolóxicas, a maneira de previlas e como tratar e coidar os pés desde a infancia. Segundo explican desde o Colexio de Podólogos de Galicia, co paso dos anos os músculos, ósos e articulacións dos pés vense afectados polo envellecemento, que sumado aos problemas corrixidos con anterioridade e as complicacións relacionadas cos trastornos crónicos propios da idade (artrite ou diabetes) fan que os pés das persoas maiores requiran unha atención especial.

“Os últimos estudos indican que o 90% das persoas maiores de 65 anos sofren afeccións podolóxicas, en moitos casos equivocadamente asumidas como propias da idade e que dificultan a súa actividade diaria” –apuntan os profesionais do Colexio–.

Esta charla informativa, de case dúas horas de duración, está dirixida á cidadanía en xeral e especialmente aos maiores de 65 anos, persoas con problemas basculares, diabéticos ou deportistas, os grupos sociais de especial risco de sufrir algún tipo de afección podolóxica.