Biólogos expertos en diferentes áreas explicarán mañá na facultade de Bioloxía de Vigo os múltiples campos nos que poden traballar estes profesionais

bioloxia_webDende a biotecnoloxía ata a bioloxía do lecer

A aula magna da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo acolle mañá mércores, ás 17:00 horas, unha xornada informativa sobre “As actividades profesionais dos biólogos”. Expertos en diferentes áreas explicarán as múltiples e variadas actividades que poden desenvolver estes profesionais no ámbito laboral. A iniciativa está impulsada polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA).

Ler máis: Biólogos expertos en diferentes áreas explicarán mañá na facultade de Bioloxía de Vigo os...

Tres estudantes de Bacharelato representan a Galicia na Olimpíada Nacional de Bioloxía, que se celebra esta fin de semana en Granada

ganadores2011_webSeleccionaranse catro gañadores para participar na Olimpíada Internacional, que terá lugar en Taiwán en xullo

O pasado mes de xaneiro celebrouse a sexta edición da Olimpíada Galega de Bioloxía, en colaboración coa Xunta de Galicia, as tres universidades galegas e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA-. Desta fase autonómica saíron tres vencedores, que agora representan a Galicia na Olimpíada Nacional. Trátase dos estudantes de Bacharelato Jorge Gómez Corral, do Colexio Marista Cristo Rey da Coruña; Javier Martínez Fernández, do IES Rodeira de Cangas; e Carmela Vázquez Calvo, do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago.

Ler máis: Tres estudantes de Bacharelato representan a Galicia na Olimpíada Nacional de Bioloxía, que se...

A implantación en empresas e organizacións de sistemas de xestión da eficiencia enerxética permite un aforro de ata un 35%

imaxe_eficiencia_enerxeticaEstes sistemas melloran a produtividade das empresas e non requiren investimentos adicionais

Mañá sábado celébrase o Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Con motivo desta conmemoración, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA- quere poñer de manifesto que “a eficiencia enerxética é unha prioridade internacional e é imprescindible para camiñar cara á sostibilidade”.

 

Ler máis: A implantación en empresas e organizacións de sistemas de xestión da eficiencia enerxética permite...

Os biólogos manifestan que a crise económica tamén afecta aos bosques, posto que diminuíron os investimentos destinados á conservación, recuperación e ordenación forestal sostible

ano_bosques_webEntre as principais ameazas para os bosques destacan a ausencia de planificación territorial, a tala, o urbanismo, as plantacións de piñeiro e eucalipto e a expansión de plantas invasoras

O vindeiro luns, 21 de marzo, celébrase o Día Forestal Mundial. Con motivo desta efeméride, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA- quere lembrar que cada ano os bosques sofren unha deforestación de máis de 10 millóns de hectáreas, debido á actividade humana.

Ler máis: Os biólogos manifestan que a crise económica tamén afecta aos bosques, posto que diminuíron os...

Os biólogos de Galicia piden que se tomen medidas urxentes contra a desaparición masiva de abellas

abellas1_webPropoñen a prohibición dun tipo de insecticidas fabricados a partir de nicotina, causa principal deste fenómeno “preocupante”

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA- quere chamar a atención sobre a desaparición masiva de abellas, un fenómeno que se está a producir a escala mundial e que resulta moi preocupante. Ten importantes repercusións económicas, posto que moitos cultivos en todo o mundo son polinizados por abellas.

Ler máis: Os biólogos de Galicia piden que se tomen medidas urxentes contra a desaparición masiva de abellas