- Detalles
-
Categoría: Colexio Biólogos Galicia
-
Published: Domingo, 09 Xaneiro 2011 23:00
-
Escrito por Azucena
-
Visitas: 777
Nas probas competirán 54 estudantes da provincia da Coruña, 37 de Pontevedra, 8 de Lugo e 7 de Ourense
Por sexto ano consecutivo celébrase a Olimpíada Galega de Bioloxía, que terá lugar o vindeiro venres, día 14, na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago. Este certame diríxese aos estudantes de segundo curso de bacharelato e na súa organización colaboran o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA-, as tres universidades galegas e a Xunta de Galicia.
Ler máis: O venres celébrase en Santiago a Olimpíada Galega de Bioloxía, na que participarán 106 alumnos de...
- Detalles
-
Categoría: Colexio Biólogos Galicia
-
Published: Martes, 28 Decembro 2010 23:00
-
Escrito por Azucena
-
Visitas: 704
De tódolos xeitos, consideran que a ensinanza das ciencias require máis recursos humanos e materiais
O Informe PISA -Programa para a Avaliación Internacional de Alumnos- examina ata que punto os estudantes que están a rematar a educación obrigatoria teñen adquirido algúns dos coñecementos e habilidades necesarios para a súa “participación plena” na sociedade do saber. En concreto, mídese a competencia dos alumnos de 15 anos en lectura, matemáticas e ciencias; ao tempo que se analiza unha ampla gama de resultados educativos, como a motivación dos rapaces por aprender, a concepción que teñen sobre si mesmos e sobre as súas estratexias de aprendizaxe. Nesta iniciativa, promovida pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e que se realiza cada tres anos, participan tódolos estados membros da OCDE, así como varios países asociados.
Ler máis: Os biólogos de Galicia mostran a súa satisfacción polo nivel que teñen os alumnos galegos de...