O Colexio de Arquitectos de Galicia recibe mañá xoves en Madrid o Premio Nacional de Urbanismo polo proxectoterra

proyecto_terraJorge Duarte, decano do COAG:

“Esperamos que esta iniciativa contribúa a reflexionar sobre o patrimonio construído, a tradición herdada e as prácticas arquitectónicas e de ocupación do territorio que se deben evitar ”

O COAG considera “fundamental e relevante” a colaboración da Xunta de Galicia no proxecto educativo ofrecendo continuidade e consolidación


O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) recibe mañá xoves, 8 de setembro, en Madrid o Premio Nacional de Urbanismo polo proxectoterra, galardón que concede a Secretaría de Estado de Vivienda y Actuaciones Urbanas do Ministerio de Fomento. Este programa de intervención educativa naceu en xaneiro do 2000 co ánimo de contribuír a que a cidadanía en xeral perciba a arquitectura e o territorio como piares básicos da cultura.

Rehabilitar a cidade construída (Por Jorge Duarte, decano do COAG)

Jorge DuarteGalicia posúe un enorme parque edificatorio dos anos 50, 60 e 70 que precisa ser rehabilitado e actualizado con criterios de habitabilidade e eficiencia enerxética. É unha tarefa que deben acometer os particulares e comunidades de veciños coa axuda imprescindible das Administracións públicas. En materia de vivenda, o Goberno vasco acaba de crear significativas axudas para revestir fachadas e aforrar calefacción. O Colexio de Arquitectos de Galicia leva recomendando a aposta pola rehabilitación desde que estourou a burbulla inmobiliaria, e instamos agora ás novas corporacións municipais a que se impliquen con programas propios na renovación das edificacións que teñan máis de trinta anos. Aforraremos solo e consumo enerxético, melloraremos o confort dos seus ocupantes e revitalizaremos o empobrecido sector da construción.

 

Ler máis: Rehabilitar a cidade construída (Por Jorge Duarte, decano do COAG)

Compostela Arquitectura presenta o próximo martes unha conferencia en Santiago a cargo do arquitecto finés Juhani Pallasmaa

Juhani_PallasmaaEsta charla impartirase no salón de actos do Colexio de Arquitectos de Galicia, ás 19:00 horas

•    Celébrase dentro do curso internacional de verán Compostela Summer Program, que finaliza o próximo venres-5 de agosto

•    Contou coa asistencia dunha vintena de estudantes de todo o mundo


O Instituto Compostela Arquitectura (CA Institute), no marco do seu curso internacional "Compostela Summer Program" que comezou o pasado 18 de xullo en San Martiño Pinario, organiza unha serie de sete intervencións especiais no seu programa. Do total de conferencias, o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) colabora en dúas delas, abrindo 30 prazas gratuítas aos seus colexiados. A última das charlas programadas en colaboración co COAG será o próximo martes, 2 de agosto,  a cargo do arquitecto finés Juhani Pallasmaa, a partir das 19:00 horas no salón de actos do colexio.

As tres universidades laborais de Galicia (A Coruña, Vigo e Ourense), obxecto de estudo nunha publicación do Colexio de Arquitectos de Galicia realizada por Antonio Río Vázquez

Antonio RíoO autor sostén que son tres exemplos de recuperación da modernidade da arquitectura española trala Guerra Civil

O libro preséntase esta tarde na Feira do Libro de A Coruña


O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta hoxe na Feira do Libro de A Coruña, ás 8 da tarde, Las Universidades Laborales gallegas. Arquitectura y modernidad, obra de Antonio Río Vázquez. Ademais do autor asistirán como representantes colexiais o presidente da Delegación de A Coruña, José Manuel López Mihura, e o presidente da Comisión de Cultura do COAG, Fernando Martínez.

Ler máis: As tres universidades laborais de Galicia (A Coruña, Vigo e Ourense), obxecto de estudo nunha...

Compostela Arquitectura presenta esta tarde unha conferencia en Santiago a cargo do artista contemporáneo neoiorquino Vito Acconci

vito_acconciEsta charla impartirase no salón de actos do Colexio de Arquitectos de Galicia, ás 19:00 horas

Será no marco do curso de verán internacional que se celebra ata o 5 de agosto en San Martiño Pinario, coa participación dunha vintena de estudantes de todo o mundo


O Instituto Compostela Arquitectura (CA Institute), no marco do seu curso internacional "Compostela Summer Program" que comezou o pasado 18 de xullo en San Martiño Pinario, organiza unha serie de sete intervencións especiais no seu programa. Do total de conferencias, o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) colabora en dúas delas, abrindo 30 prazas gratuítas aos seus colexiados. Son a conferencia desta tarde, ás 19:00 horas no salón de actos do COAG, dirixida por Vito Acconci, e a do próximo 2 de agosto, a cargo do arquitecto finés Juhani Pallasmaa.