A delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos proxecta mañá no CGAI o documental Unha viaxe por… 1929-2009, dentro das actividades da semana da arquitectura

gallegoÉ unha mediametraxe documental do arquitecto Pablo Gallego

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI –rúa Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña) proxecta mañá sábado, 8 de outubro, ás 18.00 horas, Unha viaxe por...1929-2009 (2010) de Pablo Gallego Picard, dentro da súa sección da programación OFF GALICIA. Esta actividade gratuíta está organizada en colaboración coa Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia, con motivo da semana do Día Mundial da Arquitectura (3-9 de outubro).

O Colexio de Arquitectos de Galicia reivindica o acceso á vivenda como un dereito fundamental da sociedade

diaSolicita o apoio das administracións, empresas privadas e profesionais da arquitectura

Jorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos de Galicia:
“En momentos de crise é necesario reivindicar o dereito a vivenda para a maior parte posible da sociedade e apostar por políticas activas, con prezos regulados, tanto en réxime de propiedade como de aluguer”


O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebra hoxe luns, 3 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura baixo o lema Arquitectura e dereitos humanos.  Esta é a temática coa que a Unión Internacional de Arquitectos (UIA) decidiu orientar as celebracións do Día Mundial da Arquitectura, que se celebra en todo o mundo o próximo tres de outubro, coincidiendo co Día Mundial do Hábitat. “Toda persoa ten dereito a un nivel de vida que lle asegure o acceso á vivenda”, di o artigo 25 da Declaración da ONU.

O programa proxectoterra, gañador do Premio Nacional de Urbanismo, recibe unha homenaxe no Colexio de Arquitectos de Galicia

terrahomenajeOs arquitectos comparten este galardón con todos os organismos colaboradores, como a Xunta de Galicia, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, TVE, a ONCE e Nova Escola Galega

Jorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos de Galicia:
“Os resultados desta aposta educativa e cultural     disfrutarémolos toda a sociedade a medio e longo prazo”


O Colexio de Arquitectos e a Xunta de Galicia homenaxearon esta tarde o labor do proxectoterra no ámbito educativo, tras recibir o pasado 8 de setembro o Premio Nacional de Urbanismo en Madrid. Trátase dun recoñecemento que concede a Secretaría de Estado de Vivienda y Actuaciones Urbanas do Ministerio de Fomento. Este programa de intervención educativa naceu en xaneiro do 2000 co ánimo de contribuír a que a cidadanía en xeral perciba a arquitectura e o territorio como piares básicos da cultura.

O Colexio de Arquitectos de Galicia ensalza os dereitos humanos no Día Mundial da Arquitectura [luns-3 de outubro]

sin_fronteras_As sete delegacións buscan un tema ou edificio concreto da súa cidade con usos sociais

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebra o próximo luns, 3 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura baixo o lema Arquitectura e dereitos humanos.

A delegación coruñesa do Colexio de Arquitectos de Galicia reivindica unha posta en valor da antiga prisión provincial no Día Mundial da Arquitectura

mihuraJosé Manuel López Mihura: “As súas paredes transpiran historia e lenda, máis polo seu valor cultural e social que polo aspecto arquitectónico”

•    Os arquitectos pretenden fomentar a reflexión sobre o deterioro actual do edificio e o seu futuro

•    O próximo luns organizarase unha visita guiada, ás 13:00 horas, da man dos catedráticos da ETSAC da Coruña, José Soraluce e José Ramón Alonso


O presidente da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia, José Manuel López Mihura, anunciou hoxe en rolda de prensa as actividades programadas para o Día Mundial da Arquitectura, que se celebrará o próximo luns, 3 de outubro. No acto estivo acompañado pola tesoureira e presidenta da comisión de cultura, Marta Trasancos Yáñez.